domingo, 13 de diciembre de 2009

Mata de Jonc, unha escola solidaria




Esta semana a escola Mata de Jonc de Palma colaborou con Mediterránea ONG acumulando algo máis de 200 kg de alimentos para os máis necesitados da nosa comunidade.
Neste último mes entregamos máis de catro toneladas de alimentos.
Se poideramos acadar que outras catro escolas tiveran o mesmo xesto unha vez ao mes poderíamos axudar a moita máis xente durante este período de recesión.

viernes, 11 de diciembre de 2009

Os nosos nenos de dous anos

























Os nosos nenos de dous anos son 20. É a primeiro ano que hai nenos de dous anos en Abugida. Por edad a sua psicomotricidade está por debaixo da sua idade, así coma o seu desenrolo físico.
Lembremos que tódolos nenos que entran en Abugida fano cun certificado de pobreza do kebele. Están en Abugida dende septembro, cando comezou o curso escolar. Por iso é cedo para evalua-la sua evolución.
En Etiopía non hai practicamente preescolares, agás algúns que hai en Addis e son de pago. Esto fai que non haxa case persoal formado para esta idade, os dous anos. Por iso intentamos que , ademáis de darlles de comer, os estimulen.
Hai mestras a partir de 3 anos, as mesmas que dan clase de primaria.
Con respecto aos nosos nenos de dous anos, as nosas prioridades son :
-Alimentación: os nenos de dous anos receben un aporte extra de leite e doutras proteínas.
- Saúde: é o noso obxectivo que tódolos nenos estean vacinados, e nelo andamos. Tamén nos preocupamos de que teñan acceso aos servizos médicos.
- Socialización: no noso primeiro mundo, como os obxectivos anteriores están cumpridos, é o mais importante. Alí tamén o é, despois da alimentación e da saúde.
Como sabedes estamos en obras en Abugida, e por iso os nenos de dous anos comparten espazo (separados por un tabique), cos de 3. Cando as duas novas aulas finalicen os nenos de dous anos ficarán na clase de 3 anos, xa que estes nenos pasarán á de catro anos e así sucesivamente.
A aula de 3 anos e futura aula dos de 2 anos éspaciosa e ben iluminada. Ten o seu proprio baño.
Fotos: Ato Tamirat, presidente do Edir e administrador da escola Abugida. Nenos da clase de dous anos.

martes, 8 de diciembre de 2009

solidariedade cos cooperantes secuestrados

Dende Mediterránea queremos facer chegar a nosa mais absoluta repulsa polo secuestro dos tres cooperantes de Acció Solidaria e a nosa mais absoluta soliedariedade cos compañeiros secuestrados, coas suas familias e os seus amigos.

Confírmase que están secuestrados pola facción mais dura de Al Qaeda no Magreb, o que é moi preocupante.

Só estaban ahí porque querían axudar aos que teñen menos.

sábado, 5 de diciembre de 2009

As miñas razóns para apadriñar








Apadriñamentos, ¿por qué agora, cales son os nosos motivos?

Fai moito tempo alguén preguntoume porqué non se facían apadriñamentos en Mediterránea, algo moi habitual noutras ONGs. As razóns eran moitas. Por unha parte, como organización de voluntarios que é, Mediterránea non ten o personal para ocuparse de facer fotos, xestionar cartas ou similar que require o seguimento individual de tantos nenos. Por outra, pensamos, non era factible "discriminar" a uns nenos doutros.
¿Cómo podían seleccionarse a uns si e a outros non?
Pero agora estamos propoñendo apadriñar a uns nenos: 22 en Abugida e 10 na escola Birhan, ainda que pronto se sumarán mais. ¿A razón? Foi a vida quen os seleccionou a eles. Porque son os nenos mais desprotexidos das nosas escolas.

Nenos con pais enfermos, ou que están ao coidado dunha avóa, ainda que esa avóa só teña unha pensión de menos de 5 euros ao mes. Nenos dos que se fan cargo os seus irmáns maiores, ainda con só 17 anos, convertidos en involuntarios cabezas de familia cando seus pais morren ou déixanos sós.

Nenos que están acollidos por unha muller que os quere con toda a alma, pero que ten outros catro fillos mais, e o seu home non entende por qué ten que dar de comer a outra boca cando apenas lles chega a eles. Nenos a cargo dun pai enfermo de SIDA que non deixou de acoder ao traballo nin un só dia, que os saca adiante de forma exemplar, pero que sabe que pode ter os dias contados.

Nenos que son criados por nais enfermas de VIH, contaxiadas polo seu home que llo transmitiu e que xa morreu.

Son nenos con circunstancias especialmente difíciles nunha situación xa difícil de por si, pois non esquezamos que os alumnos das nosas escolas están escollidos entre os mais humildes, os mais desfavorecidos.
Son nenos que necesitan algo mais, e que si son diferentes para o malo tamén han de selo para recebern unha axuda extra. Porque o merecen, porque merecen esa oportunidade.

Porque nen eles nin ninguén merece vivir na pobreza extrema, nin ser un neno mendigo na rua.

Porque seus pais merecen saber que, ainda que lles acaeza algo, ainda que estean enfermos, seus fillos van estar coidados.

Eu non son imparcial. Para nada. Coñezo a moitos deses nenos. Coñezo a moitos deses pais. E teño grabada a lume á nai dunha delas. Xureille que a axudaríamos cando soubemos que ela estaba enferma, moi enferma. E síntome orgullosa de Mediterránea, e de que realmente vaiamos a axudala. Porque por desgracia non teño, nin Mediterránea ten, esa variña máxica que poidera sanala ( ogallá!), pero si lle podemos asegurar que os seus fillos van estar ben. Por iso apadriñei, por iso agardo que haxa mais padriños.

Eu teño a sorte de que, se algo me acaecera, non deixaría á miña filla indefensa. E só quero que eses pais saiban que no seu caso será igual.


Stefanie Milla.

jueves, 3 de diciembre de 2009

Martha



Cumpríndose a Lei de Murphy, Martha, a nena do eterno sorriso, vai voltar a Mallorca para ser reintervida da sua escoliose.
Ela está desexando volver, ainda que sexa para operarse...

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Aquí en Mallorca



Mediterránea é unha ONG de acción directa. Iso quere dicir que, ademais de que o 100% dos cartos invírtense directamente nos proxectos, cando detectamos un problema actuamos sobre él sen agardar por subvención algunha. Mediterránea non recebe ningunha axuda estatal, nen autonómica, nen municipal.
Somos unha organización non gubernamental en estado puro.
Todo o noso apoio económico e loxístico provén de particulares, o que nos da plena liberdade para actuar. E somos apolíticos e aconfesionais.
En Mallorca temos os seguintes programas:
Colectivo Zaqueo:
O Colectivo Zaqueo da de comer cada dia a centos de persoas sen recursos nun local de Palma. Dende Mediterránea colaboramos con alimentos, roupa e persoal voluntario.
Can Gaza e Casa Llarga:
Residencias para persoas marxinadas, cunha alma incomparable e única: Jaume Santandreu.
Axudamos a mellora-la infraestructura das duas casas (incluindo calefacción, auga quente, electricidade, pintura, etc), gracias aos voluntarios que se prestaron a elo.
Mellorouse tamén o interior aportando distintos materiais: televisores, equipos musicais, nevera, menaxe de cociña, roupa de cama, etc. A Mediterránea non lle costou un duro todo isto: todo foi doado e feito por socios e amigos da nosa ONG.
Programas da Olla solidaria:
Población maliense:
Os malienses atendidos ascenden a preto de 150. Provéeselles semanalmente de arroz, pasta, aceite, leite, sucre, cacao, pementa, cebolas, allo, fariña, sal e roupa. Son persoas todas elas sen recursos nin axudas por parte das institucións.
A Asociación de veciños de Son Dameto, onde repartimos as duas primeriras semanas, negounos a continuidade do proxecto no seu local, asi que buscamos outro lugar e neste o reparto prodúcese sen nengún problema.
Xa superamos as duas toneladas e media de alimentos.
Este proxecto cústanos entre 380 3 440 euros semanales. O resto dos gastos está cuberto polas donacións da xente. Agardamos a colaboración de colexios na illa para acumular alimentos e así non ter que gastar dos nosos fondos tan necesarios para a continuidade dos nosos proxectos en Etiopía.
Población senegalesa:
En colaboración co pai Euxenio da igrexa de Palma Nova, un cura incrible onde os haxa, comezamos a repartir á poboación senegalesa da zona de Calviá. Estas son tamén persoas sen recursos. Na igrexa aténdese a todo tipo de colectivos, nós centrámonos nese por seren os subsaharianos o eslabón mais débil na cadea da inmigración, e tamén por casualidade, contactamos con eles ao ver como buscaban comida nos contenedores de basura dun supermercado de Calviá.
O feito de traballar con colectivos homoxéneos é para nós mais doado, coñécense entre eles e a loxística do asunto simplifícase. Recordemos que en Mediterránea todos somos voluntarios. Son 100 senegaleses, 2100 comidas semanais.
No centro parroquial van comezar, a petición deste colectivo, as clases de castelán e inglés a cargo de voluntarios de Mediterránea. Fannos falla monitores, ordenadores, ratóns e teclados para poder comeza-las clases de informática.
Mantendremo-lo programa de axuda aos senegaleses e malienses durante todo o inverno.
Dende aquí moitísimas gracias a todos e todas os que facedes que Mediterránea exista.

lunes, 30 de noviembre de 2009

Sobre os apadriñamentos



Ata agora non fixeramos apadriñamentos individuais, pero a moi precaria situación de moitas das familias das nosas escolas e a axuda inestimable de Ana, unha das nosas socias, abocounos a elo (lembremos que somos todos voluntarios/as). En Mediterránea loitamos fortemente para que a pobreza non sexa un motivo de abandono dun fillo/a, dun neto/a, dun sobriño/a. Queremos que os nenos sigan vivindo coas suas familias, biolóxicas ou adoptivas. Ou con familias de acollida se tódolos seus familiares están mortos, pero na sua rúa, acudindo a sua escola, cos seus amigos, coa sua xente do dia a dia. Non queremos que acaben nun orfanato ou na rua (só en Addis hai 90000 nenos mendigos), destiños ambo-los dous dos nenos que quedan sós, sendo a rúa o senlleiro destiño dos nenos maiores de 5 anos.

Por iso iniciamos estos apadriñamentos, e estamos moi ledos porn decirvos que xa temos 8 formularios de nenos apadriñados. Dende aquí dar as gracias aos pioneros/as. Necesitamos 13 máis para Abugida, e estánm saindo casos desesperados na Birhan School que temos que atender. Tódolos casos foron seleccionados polo Edir e pola propria escola. Nas duas escolas é o Edir (a comunidade de asociacións de veciños que rexentan as escolas coas que temos acordos asinados tanto en Akaki coma en Yeka) e as escolas as que seleccionan os nenos, por tanto coñecen moi ben a situación desdes nenos e das suas familias.

Tódolos nenos seleccionados en Abugida están ou estiveron na escola ata o derradeiro ano. Os que xa non están porque van á escola pública siguen indo a almorzar e a comer a Abugida, igual que outros que non entraron no programa de apadriñamentos, xa que por agora só foron seleccionados os casos mais desesperados. Tódolos casos que se van seleccionar na Birhan están na escola actualmente. Tódolos nenos son orfos ou semiorfos, a cargo de nais solteriras, avós biolóxicos ou adoptivos, nais adoptivas, irmáns, tias ou familias de acollida como nun dos casos de Abugida no que non hai parentes vivos. As familias non teñen ingresos ou estos son moi baixos. Parte dos nenos son seropositivos. Casi todos veñen de historias terribles, de situacións moi difíciles, pero tamén de grande soliedariedade: e ahí están, indon á escola e vivindo unha vida normalizada que agardamos continue por moitísimo tempo.

Nesta viaxe coñecimos ás familias seleccionadas en Abugida pola escola e polo Edir e poidemos comprobar a sua situación en vivo e "in situ". Unha das características de Mediterránea é que nós non seleccionamos directamente aos nenos a axudar- para que non haxa malas interpretacións tanto por parte das familias das escolas como por parte dos nosos donantes- agás en casos de problemas graves de saúde, nos que hai que pagar un tratamento en Etiopía ou traelos a España a operarse. De todas maneiras tódolos nenos das nosas escolas teñen acceso á sanidade, xa que Mediterránea faise cargo de tódolos seus gastos médicos. Os pilares básicos da nosa actuación son: alimentación, saude e educación. Nas nosas duas escolas hai case 400 nenos e temos a 46 persoas empregadas actualmente a cargo de Mediterránea.

Os padriños poderán ter contacto cos seus apadriñados, e poderán visitalos se así o desexan. Recibirán fotos e debuxos dos nenos. Os padriños/madriñas coñecerán a historia e datos dos nenos, as suas familias deron o consentimento para elo.

Correo apadriñamentos: apadrinamediterranea@gmail.com

sábado, 28 de noviembre de 2009

O espírito de Abugida chegou á Birhan School





































Con moita ledicia podemos dicir que o espírito de Abugida chegou á Birhan School.
Co inicio do curso escolar os mestres retirados cederon os seus postos ás mestras xoves, marchosas e motivadas, que cantan, bailan e xogan cos alumnos. Os mestres retirados eran partidarios de "a letra con sangue entra", ou sexa, que andaban sempre ca vara na man, reprimindo non só aos nenos senón ás mestras. Chamounos a atención dende o principio que os nenos da Birhan tiveran un ar triste en comparanza cos de Abugida e sospeitando que a causa eran os mestres retirados, pasámolos a da-la clase de alfabetización de adultas polo serán.
Gañaron os nenos e gañaron eles, recoñecendo que cos adultos lles vai millor.
O recebemento foi espectacular: bailes, cancións, non só os nenos senón tamén asa mestras, ataviadas co traxe tradicional e belísimas todas elas. Os nenos deste ano levan o mesmo uniforme que os de Abugida.
Unha vez pasou a cerimonia de benvida reunímonos coa directora. Esta sustiruira á anterior, non sabiamos entó o porqué.
Entrevistamos ao resto das mestras, unha por unha. Dixéronos que a puxeran por seren filla dun membro do Edir, e todas dixeron que era boa muller pero que non estaba capacitada para teren un posto de responsabilidade. Por iso reunímolas a todas e pedímoslles que votaran á que elas crian mais capacitada. Naturalmente o voto sería segredo. Moi animadas puxéronse a votar pero cando saiu o resultado comezaron a ter medo ao Edir, xa que ninguén votou á directora e saiu Genet, unha das mestras, como a mais votada. Tranquilizámolas dicíndolles que xa nos enfrentariamos nós ao Edir.
E a continuación veu a reunión co Edir. Ao primeiro estaban un pouco tensos mais limamos asperezas e chegamos a un entendemento, xa que as duas partes desexamo-lo ben da Birhan School e de tódolos nenos e nenas que alí acoden. O Edir está loitando por telo papel que fai oficial á Birhan. Andan en trámites mais a burocracia é lenta e complicada.
A escola, dentro da sua precariedade, está mais bonita, nótase a man das mestras. Os nenos, como xa dixen, están felices.
Estannos facendon unha fichas con información individual de cada alumno. Esta información inclue os seus datos persoais e familiares, incluindo os de saúde. Gracias ás fichas descubrimos varios posibles problemas importantes de saúde que están en estudio.
As mestras da Birhan recibirán clases de informática durante tres meses, ao igual que as mestras de Abugida. As clases de alfabetización de adultos son un éxito. Nós financiamos un grupo e o kebele usa as clases da escola para dous grupos mais de alfabetización.
Barry fixo un proxecto de construcción para cando a escola sexa oficial, e calculando o prezo por metro cuadrado a construcción sairanos por 30000 euros.
Desgraciadamente a reunión cos pais non tivo lugar ao frustrala coa sua denuncia os mafiosillos. A investigación dese asunto está seguindo o seu curso e esperamos que a Xusticia actue contra deles con contundencia.
Fotos: os Romeo e Xulieta da escola, con parte don persoal, nenos da escola, Genet a nova directora, bailes e benvida.

axuda ás nosas escolas comendo ben




Os 28 dos 28: unha acción solidaria - e gastronómica - para Mediterránea. Sair a cenar a un bó sitio, tomar un menú de alta cociña, nun restaurante patrimonio históricode Madrid, a un bó precio e encima axudando ás nosas escolas en Etiopía!
Verdade que soa ben? Agora o restaurante Pedro Larumbe de Madrid iniciou unha mais que suculenta acción ao ofertar cada dia, nos servicios de xantar e cea, 28 menús a un precio de 28 € +IVE, practicamente a metade do prezo habitual deste restaurante guiado polo famoso cociñeiro navarro, que ademais será responsable do pabellón de España na Expo de Shangai 2010. ¿En qué nos afecta isto a Mediterránea? En que o restaurante doará un euro de cada uns deses menús.
A campaña xa comezou e seguirá ata o próximo 7 de Decembro. Pedímoslles aos rapaces de Pedro Larumbe se nos poden seguer facendo un oco pasada-las festas, que cada euro de aquí se convirta alí en moitos mais! E cada vez con mais nenos toda axuda é pouca.
O menú está composto por:
- Aperitivo de chips de yuca e batata.
- Salada de cecina de león con mango e vinagreta de granadas.
- Merluza rebozada con puré de pochas e cruxinte de bacon.
- Estofado de fresas con escuma de iogurte.
O restaurante Pedro Larumbe atópase na cuarta planta do Centro Comercial ABC Serrano, con entrada tanto pola rúa Serrano 61 como polo Paseo da Castellana 34, con aparcamento no mesmo edificio. As reservas pódense facer chamando ao 91 575 11 12.
Mediterráneos/as...correde a voz!

jueves, 26 de noviembre de 2009

presuposto ampliación escola de Abugida


COMEDOR EXTERNO E DÚAS NOVAS AULAS:
birrs: 410.000.
euros: 21.936
LAVANDERIA , BAÑOS NOVOS E GUARDERIA:
Birrs: 226.000
Euros: 12.092
TORRE DA AUGA E PILAS PARA LAVAR AS MANS DO COMEDOR EXTERNO
Birrs: 17.000euros: 909
Reduccion dun metro cadrado da guarderia por existencia de gran roca
birrs: 16.000
euros: 856
TOTAL: birrs . 563.000. euros: 30.123
IMAXE: PLANO XERAL DE ABUGIDA UNHA VEZ REMATADA A OBRA. OS LUGARES COS NUMEROS MARCADOS SON AS NOVAS CONSTRUCCIÓNS.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

o paraíso de Abugida



Abugida medra e mellora. Tras unha reunión co xefe de tódolos kebeles de Akaki, déusenos permiso para continua-la construcción pendente e construi-lo noso derradeiro sono: a guardería de nenos de 1 a dous anos onde terán preferencia os nenos VIH, os fillos de nais soas, os nenos a cargo dos avós, etc. Isto é algo novedoso, non existe nada semellante, polo menos que nós saibamos.

A axuda de Barry foi inestimable, discutiu e discutiu co constructor, rebaixou o presuposto unha cantidade considerable, mirouno e remirouno todo e finalmente a construcción consistirá en:
- Comedor externo con pilas para lava-las mans.
- Dúas aulas novas:
A estas aulas pasarán parte dos nenos de 4 a 5 anos que son moitísimos, así os de 3 poderán pasar á clase de 4 e os de 4 á clase de 5. Hai tamén outra aula de cinco a seis.
Os pequen os de dous anos disporán da aula de tres anos para eles sós.
- Torre de auga nova.
- Baños entre as dúas aulas novas e a gardería.
- Lavandería exterior para a gardería.
- Gardería con patio exterior.
O prazo de remate das obras será de catro meses.
Nesta viaxe visitamo-las casas e coñecemo-los familiares tanto biolóxicos coma adoptivos dos 20 nenos que van a entrar no principio no programa de apadriñamentos. Algunhas delas xa as coñecíamos. Na escola fixeron moi bó traballo, non é doado seleccionar entre tantas vidas difíciles aos mais necesitados, mais fixérono con moi bó criterio.
Buscamos padriños para estes nenos, así non teremos que sacar dos fondos da escola, que medra e medra. Se alguén está interesado en máis información por favor contactade con apadrinamediterranea@gmail.com.
A cada familia entregánmselles 400 birrs mensuais (22 euros ao cambio actual) para axudar na alimentación, vestido e calzado do neno. O sistema de control é doble: a escola controla o que merca a familia e o noso representante controla tamén. Tódolos nenos son de Abugida ou estiveron nela e sairon este ano para a escola estatal, así que a escola coñece perfectamente aos nenos e as suas boa alimentación élles ainda máis importante.
Se acadamos cubrir esos 20 nenos poderemos ampliar a lista de nenos para apadriñar. Tamén lles pagamos os uniformes e o material escolar da escola pública. Estamos estudando construir uns baños novos nesa escola, sita na zona.
Asímesmo é moi posible que ampliemo-la cosiña actual da escola que está a quedar pequena. Isto está en fase de estudo actualmente.
As clases de alfabetización funcionan moi ben. Este ano non hai abuelitas empollonas, pero todas teñen moitas gañas de aprender.
Para rematar, estamos moi ledos de que nas nosas escolas:
- Haxa nenos de tódalas relixións.
- Haxa nenos de tódalas etnias.
- Haxa nenos seropositivos con¡vivindo con toda normalidade con nenos non seropositivos. Isto que semella obvio non o é tanto alá, xa que en Etiopía o SIDA presenta un grande estigma social.
- Aínda máis: acadamos que acepten ter na plantilla de traballadores e sen nengún problema a unha persoa seropositiva.
Pequenos avances que son grandes avances.
Fotos: nenos da clase de dous anos.

lunes, 14 de septiembre de 2009

Maraton de TUI


O vindeiro 18 de octubro daráse o pistoletazo de saída ao 6º TUI Marathon Internacional Palma de Mallorca. (Informacion)

A ONG Mediterránea estará representada por corredores que axudarán a recaudar fondos para os nosos programas no 3º e 4º mundo mediante o sistema de "sponsors" ( personas que lles pagan para que corran) .
Si queredes participar (correndo), esponsorizar (financiando) ou axudar na organización, por favor comunicade con Heather : hclemence6@hotmail.com.
Heather daravo-las follas para apuntar aos esponsors.
De momento (15/9/09) temos 5 corredores. Se te apuntas non olvides pedi-la tua camiseta de Mediterránea no Centro Medico Portals Nous onde de paso poderás inscreberte.

sábado, 12 de septiembre de 2009

Presuposto escola de Abugida curso 09/10



Presuposto para o curso 2009/2010 (EN BIRRS).
Cantidade total de nenos: 208
Van dos dous años (guardería) aos oito (2º de
primaria)
Comida................................................................................. 549.120
Soldos................................................................................... 151.200
Auga.......................................................................................... 3.600
Consumo eléctrico.................................................................. 4.200
Utilities ( varios) .................................................................... 6.000
Uniformes novos.................................................................... 24.760
Uniformes dos gardas/vixiantes
( incluida a roupa de abrigo e impermeable)......................... 1.962
Batas para las mestras e uniformes cociñeiras................... 3.480

Material escolar:
cadernos de exercicios.......................................................... 6.580
lapiceiros .................................................................................... 1.880
bolígrafos ( para o personal)................................................... 624
libros de aprendizaxe............................................................... 3.000
Mantemento do tellado , pintura ......................................... 3.000

TOTAL...........................................................................761.406 birrs

Que equivale a 41470.38 euros, segundo o cambio do euro a birr a día de hoxe que é de 18.36 birrs por 1 euro.

A ESCOLA ABUGIDA ESTÁ ABERTA TODO O ANO.
O PRESUPOSTO NON INCLUE AS NOVAS CONSTRUCCIÓNS, ASÍ COMA O NOVO MOBILIARIO PARA O COMEDOR EXTERIOR E AS NOVAS CLASES.

Lembremos que a escola Abugida é unha escola OFICIAL, eso quere dicir recoñecida polo goberno. Por iso temos que seguer escrupulosamente as leis e recomendacións, o que non exclue que fagamos presentar varios presupostos cando a cantidade de cartos adicada a esa partida é o suficientemente importante.

En Etiopía hai moitisimas escolas non oficias. Nestas pódese ser mas laxo en canto a mantemento, estructura e acondicionamiento, pero unha escuela que non é oficial sempre corre o risco de ser pechada dun día para outro.

viernes, 11 de septiembre de 2009

Nutrición infantil,mitos ou realidades


Como xa sabedes sostemos dúas escolas en Etiopía, unha en Akaki , Abugida con 208 niños neste próximo curso escolar, e outra en Yeka, Birhan school, con 178 niños.
Nas nosas escolas os niños comen 3 veces, xa que non entendemos educación sen alimentación. A inmensa maioría dos nosos nenos estaban desnutridos cando comezaron nas escolas . É esta por desgracia unha condición común en África.
A repercusión da desnutrición é moi grave , non só físicamente senón tamén psicolóxica e intelectualmente. O neno desnutrido é mais propenso a contraer enfermedades infecciosas que neles teñen unha evolución mais longa e que conducen moitas veces á morte.
Un dos ingredientes do almorzo dos nosos nenos é ol leite. Segundo estudios realizados non se sabe como, resulta que entre o 80-100 % dos nenos africanos son intolerantes ao leite.
¿Como se farán esos estudios? Evidentemente se vas e daslle un vaso de leite a un neno que non comeu case en días, ou cunha alimentación baseada nun cereal, o mais probable é que a vomite o lle cause diarrea.
Os estudios feitos en africanos din que estos teñen esta intolerancia á lactosa por déficit dunha enzima, a lactasa, que é a encarregada de descompoñe-lo leite.
¿E porque eles teñen tanta intolerancia á lactosa e nós moita menos? Porque cando os nenos se destetan, xa non voltan a ve-lo leite. Eso fai que disminua ou desapareza a sua lactasa.
Ou sexa, que o motivo é puramente económico, e non“racial”. Atribui-lo déficit de lactasa a ser negro ou asiático, é canto menos pueril, senon racista.
A estabilidade ademai de económica, política e social ten tamén a sua elación coa tolerancia á lactosa.
O leite véndese a granel e vendese nos supermercados de Addis, por dicir un sitio. E os que poden mércana. E o makiato ( capuccino etíope) é o que aquí en España un cortado, tómase masivamente, eso si que o permiten moitos. Ao igual ca os xelados.
¿Onde está esa pretendida intolerancia á lactasa?
Non tivemos ata este intre notificación algunha nas nosas escolas de nenos aos que lles sente mal o leite.
Recordemos que o leite é a principal fonte de calcio, e que en países como Etiopía é prácticamente imposible atopa-las alternativas que aquí podemos ter no lugar do leite.
Co restablecimiento do leite a idades tempranas pódese chegar a restablece-la producción de lactasa. Esta demostrado que un vaso de leite ao día reduce a osteoporose ( literalmente osos porosos) , e que acompañada de cereais ( nas nosas escolas de pan) normalmente é ben asimilada.
A osteoporosese maniféstase xeralmente na vida adulta ( aínda que tamén pode manifestarse en nenos e xoves) , pero orixínase nunha infancia sen calcio. A osteoporose é unha enfermidade que causa que os osos volvan fráxiles e fracturen fácilmente. Se a pérdida de óso nunha persoa é significativa , tan sólo estornudar ou dobrarse para atarse un zapato podería causa-la fractura dun oso da columna vertebral. Os ósos das caderas, costelas e muñecas tamén se fracturan con facilidade. As fracturas que resultan da osteoporose poden ser dolorosas e provocar deformacións. Non existe unha cura para esta enfermidade.
O té tomado por nenos e adultos no almorzo ( como se fai en Etiopía) agrava a situación, xa que descalcifica os ósos, ao igual que o café.
Este sera o primeiro ano no que haberá nenos de dous anos en Abugida. Esto obrigaranos a contratar a unha enfermeira, xa que la ley etíope contémplao. Estamos dacordo con, axudaranos a saber mais cousas sobre os nosos nenos. Teremos con mais frecuencia valoración de peso, de talla, y seguemento sanitario dos nenos e nenas dende a escola.
Por ultimo, unha opinión persoal baseada na observación das tribus do Sur da rexión do valle Omo, preto da fronteira con Kenia. Alí habitan os Hamer. Os Hamer chaman a atención polo seu poderoso aspecto físico, tanto homes como mulleres. Son grandes e musculosos. Son ganadeiros e a sua dieta componse básicamente de sangue de vaca, que extraen 3 veces por semana pinchándoas na vena cunha frechiña, LEITE e carne.
Después de atravesar paraxes hermosos, verdes e desolados pola sua miseria e fame ( a fame verde) observar a estos superhomes e supermulleres faite replantexar qué é o que eles teñen e non teñen a maioría: calcio e proteínas.

E que queden discutindo detractores e defensores do leite, e detractores e defensores da carne...

Foto: rapaza Hamer no rio Omo

4º mundo

A crise financierira do primeiro mundo aumentou o tamaño do cuarto mundo, e nos próximos dous anos veremos como empeoran as condicións de vida das persoas que pasaron a formar parte de e. Ultimamente algúns socios de Mediterránea manifestaron o seu interese en traballar en proxectos que bteñan que ver con este sector, e aínda que Mediterránea leva moitos anos axudando no 4º Mundo Baleares, igual é bó intre para aumenta-los nosos esforzos neste sector.

Posibles pasos a seguir:

1)Organizar un equipo de traballo.
2)Identifica-los problemas sobre os que poidamos actuar.
3)Reunirnos con outras ONGs que traballan no sector para aprender e para ver se podemos colaborar xuntos.
4)Localizar un sitio que poidamos usar como almacén para almacenar, clasificar e dende uonde distribuir cosas para necesitados.
5)Dar a coñecer estos proxectos e reclutar socios/colaboradores.
6)Programas potenciales.
a)Levar comida a comedores e refuxios.
b)Acumular xoguetes para o nadal.
c)Enlazar restaurantes cos comedores públicos para que os alimentos sobrantes poidan ser aproveitados.
d)Localizar grupos poblacionais vulnerables (inmigrantes ilegales, subgrupos urbanos, etc) aos que poidamos axudar..
e)Acumular, clasificar e distribuir roupa para o invierno.

Si gustarías de axudarnos neste sector llama al 971676334 ou manda un correo a ong@groc.info

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Abugida e os intereses creados





Ola, xente de Mediterránea:

Como xa vos informamos previamente, estamos en obras en Abugida.
A escola irá ampliando cada ano un curso de primaria. Este ano chegabamos a segundo de primaria, e ampliamos por debaixo a dous anos.
Á escola Abugida asisten nenos de tódalas etnias e de tódalas relixións. Por tanto ninguén é alí discriminado en razón do su sexo, a sua relixión , a sua etnia ou o seu estado de saúde.
Pois ben, agora sabemos as razóns do retraso na construcción, e que non teñen nada que ver nin co constructor ni ca escola. Por sorte por unha parte ( para os nosos nenos, as suas amilias e os traballadores) , e por desgracia por outro ( intereses pouco éticos, partidistas e persoais), Abugida é unha escola que reluce con luz propia, e iso convértea en obxecto de codicia de persoas a quen os nenos necesitados importan moi pouco.
Nestes meses pasados houbo unha loita entre o Kebele e o Edir. O Kebele ( os seus dirixentes son dunha relixión determinada) quería quitarlle a escola ao Edir para darlla a unha organización da sua relixión e por tanto botar aos nosos nenos, de diferentes confesións e non validos para eles, ao igual que os traballadores da escola. O Edir e o seu presidente, Ao Tamirat loitaron fortemente e conseguiron finalmente que a escola non fose entregada a esa organización relixiosa, pero o Kebele, retrasando o permiso que nmon quería dar, fixo que a construcción non estea lista para o inicio do ano académico ( a semana próxima).
Por tanto, o Kebele dixo que os nenos de preescolar non poden estar no mesmo edificio que os de primaria, e botou a 60 dos nosos nenos, os que ían comezar primeiro e segundo de primaria. Nenos que acudían a esta escola desde pequechiños, nenos moi pobres que non só non teñen unha escola preto ( han de camiñar km para chegar á estatal mais preta, cruzando unha perigosísima estrada), nenos que non poden nen sequera paga-lo uniforme ou o material escolar.
Nenos que non poden apenas comer. Nenos aos que prometimos á sua familia que para a sua tranquilidade os nenos quedarían en Abugida. En Mediterránea non podemos permitir iso, e imos loitar con tódalas nosas forzas para que Eden (con pai morto por VIH e nai desaparecida), Tamirat ( con nai morta e pai terminal con VIH), Tigist ( de nai solteria con situación económica moi precaria e VIH) e tantos outros como eles non acaben nas ruas.
Queremos e esixiremos que volten en canto a construcción estea rematada (novembro) e queremos que polo menos poidan ir comer á nosa escola.
Eles pertencen a Abugida e nunca deberon irse.
Dunha existencia feliz, ou dunha vida normalizada pasan á mais tremenda das incertidumes.
É triste ver como intereses partidistas e persoais poden facer tanto dano ao traballo realizado, ao esforzo, en resumen, aos nenos de Abugida, que son os nosos nenos.

Fotos: a escola de verán de Abugida, onde saen gran parte dos nenos botados.

sábado, 5 de septiembre de 2009

Da escola Abugida


Recibimos este fax de Ato Tamirat, o responsable da escola Abugida en Akaki. Durante o mes de agosto unha voluntaria bilbaína ( que pronto escribirá para o blog) estivo na escola dando clases de inglés, e levou material para a escola ( non conto mais porque xa explicara ela) , pero o mais importante: soibo convivir e compartir. Traducindo e resumindo un pouco, Ato Tamirat dí que seguen tendo problemas graves cos cortes de electricidade, que o permiso de construcción por parte do Kebele se retrasou pero que xa esta arreglado todo el tellado ( moi importante para a época de chuvias) e que se iniciou a construcción das duas novas clases. Recordemos que a construcción nova compondráse de duas aulas preparadas para soportar duas aulas mais enrriba o curso que ven, e a construcción dun comedor exterior novo, ademáis da reparación xa feita do tellado. Despois fala da nosa voluntaria, alabando o seu traballo e dándolle as gracias por todo o que levou e pola súa presencia , chamándoa nai e irmá, nomes honoríficos que en Etiopía queren dicir cariño, respeto e cercanía.

jueves, 3 de septiembre de 2009

distribución xeográfica de socios Sept.09

Alicante(2) Asturias(3) Barcelona(6) Bilbao(2) Canarias(6) Francia(1) Galicia(4) Guipuzcoa(1) Madrid(25) Malaga(2) Mallorca(144) Navarra(1) Reino Unido(7) Salamanca(2) San Sebastian(2) Sevilla(2) Tarragona(6) Valencia(2).
Estamos tentando poñe-los arquivos en orde e é posible que nos próximo días a secretaria nova se poña en contacto para actualizar algúns datos. Se nunca recibides un e-mail informativo de Mediterránea é porque temos algúns datos mal. Ante a duda rogo mandedes un e-mail e poñerémonos en contacto coa máxima brevedade para poñe-los datos ao dia.
Saludos
Michael

miércoles, 2 de septiembre de 2009

fotos

Se queredes ver algunhas das fotos dos nosos proxectos e dos países onde imos ir AQUI.
Próximamente colgaremos máis.

miércoles, 26 de agosto de 2009

aclaración importante

Tivemos unha chamada esta mañá procedente de Córdoba na que se nos dixo que a ONG Mediterránea sale nos xornais de Andalucia xa que fixo tres denuncias contra 3 fábricas nesa autonomía a través do seu delegado Ángel Juarez. Dende aquí queremos facer saber que se trata dunha confusión entre os nomes de dous organizaciones. Nós somos ONG Mediterránea e eles son Fundacion Mediterrània (Mediterrània-CIE), e Angel Juarez é o presidente de dita fundación.

domingo, 23 de agosto de 2009

Proxecto final de Máster de Cooperación

Son Manuel Figueiredo, socio de ONG Mediterránea e un dos colaboradores do proxecto sanitario desenrolado durante o 2008 en Etiopía.
Quixera compartir convosco o que foi o meu proyecto final del Máster de Cooperación Internacional e Xestión de ONGs. Na actualidade e de maneira temporal atópase aloxado nundominio da miña propiedade para que lle votedes un vistazo: Pulse AQUI.
A calificación final obtida foi de excelente e recibín unha grata felicitación por parte do profesorado. Ademais, este solicitoume permiso para incluir o enlace á web na sección da biblioteca e foro da Universidade.
Aproveito a ocasión para ofrecer o meu apoio en todo canto poida ser de utilidade para millora-la intervención de ONG Mediterránea.
Un saludo
Manuel Figueiredo

que vivan os antibióticos

Aledámonos moito de poder informar que un antibiótico hospitalario moi especial con destino a Etiopía - proporcionado pola Clínica Juaneda- e a unha persoa chamada Samuel que sofre de gangrena e que estaba a punto de ser amputado por cuarta vez na sua perna no prazo dun ano, surtiu o seu efecto e logrou dete-la infección. Moitas gracias á Clínica Juaneda e a seu director, que se movilizou enseguida para axudar a Samuel.

sábado, 22 de agosto de 2009

Despedida de Mykias


Mykias e a sua nai Kelem deixaranos nuns días.

O pasado domingo fixemos unha pequeña festa de despedida cos voluntarios que axudaron durante a su estancia en Mallorca. No están todos na foto, pero hai unha boa mostra deles.

Voluntarios que se entregaron - e seguen entregándose- ó 100%, vaia que resultaría imposible atopar voluntarios millores .

Martha estaba aínda ingresada no hospital, polo que no poido estar presente, ó igual que Eldana, a sua maestra. Elas marcharán o 10 de setembro, así que poderán celebra-lo Aninovo etíope coas suas familias, xa que é o día 11 de setembro.

Tódalas despedidas son tristes, pero no caso de Mykias todavía o é mais, xa que é un neno moi moi especial. De todos modos no lle perderemo-la pista, e en cada viaxe a Addis que fagamos visitarémolo, para velo y para axudarlle no que podaimos.

Ata pronto, Mykias. Que a forza te acompañe.

martes, 18 de agosto de 2009

gracias polo premio bloguero


Moitas gracias a Reyes de "Hijos de Africa": www.desdeafricaconamor.blogspot.com, por concedernos este premio.


Ahí van os nosos:



Porque intentan buscar casa aos animais velliños, que en moitas ocasións perderon aos seus donos tamén velliños e quedaron sós.
E porque na casa -menos duas cachorras- os animais que tivemos ou temos viñeron xa sendo adultos


http://chinochano.zoomblog.com/
As tribulacións dun español na China, interesante



Porque gostamos da xente creativa que fai algo polos demais.


http://cuatropatitasbc.blogspot.com/
Porque gostamos dos animais ( por si aínda non se notara) e indígnanos e entristécenos o abandono de cans e gatos.

jueves, 6 de agosto de 2009

CAMPEONA



A operación de Martha foi moi ben, agardamos que sai do hospital nos vindeiros dias e se dedique na sua convalescencia a desfrutar de Mallorca...

É moi dificil atopar unha nena tan valente, tan positiva e tan especial coma a nosa campeona.

martes, 4 de agosto de 2009

Bamba de Marineland


Ola Jackie!

Son Bamba, Seguridade de Marineland.
Sinto mandarte estas fotos tan tarde,
perdín a tarxeta entre tantos papeleos que teño, e remato de atopalo agora,
ademais tiven moito traballo, síntoo moito.
E gracias pola sua amabilidade daquel dia, e pola grande labor que fas a traveso deses países pobres.
Que Deus te acompañe sempre para que sigas tendo forza e vontade de seguir facendo este enorme traballo.
Unha grande aperta
Saudos.

ISS, Facility Services
Bamba Khadim Ndiaye
Responsable de Equipo nos Parques
de Aspro Ocio en Baleares

-------------------------------------------------------------------------

Estimado Bamba

Moitas gracias pola tua amabilidade connosco na nosa visita a Marineland. Sen ti non poderíamos por a sorrisa na face dos nenos. Foi unha experiencia que nunca esquecerán. Myki segue falando do home que o levou en brazos para ver-los delfíns nadando baixo a auga. Gracias polos carteis...agora todo o mundo saberá de Marineland en Etiopia. Eldana, Martha, Lydia e Laura envíanche unha grande "aperta" e moitísimas gracias. Gracias a tí, ese dia foi moi especial para eles.
Saúdos,
Jackie
Jackie Evans para Mediterranea ONG

domingo, 2 de agosto de 2009

A casa da muller











A finais de xullo rematou a primeira promoción de neneiras que tivo lugar na Casa da Muller, a nosa sede en Addís. Foron 20 mulleres, moitas delas procedentes do fogar de acollida para mulleres víctimas do maltrato. Mulleres de tódalas idades, que viron neste curso unha posibilidade de aprender un oficio que lles permita sair do paro-pobreza e lles abra unha porta ao mercado laboral, ou sexa, unha independencia económica.
Despois deste curso, do que saen cun título avalado, irán facer prácticas a distintos orfanatos e colocaráselles como neneiras en fogares con crianzas e nenos pequenos.
Neste proxecto colaboramos con TTTM, unha ong etíope encarregada da loxística dos cursos. É a mesma ong que leva a única casa refuxio para mulleres maltratadas que hai en Addís.
Do interese que teña TTTM na continuidade dos cursos dependerá o futuro da nosa Casa da Muller.
Actualmente estamos a agardar novas súas, tanto a nivel contable coma loxístico.

viernes, 31 de julio de 2009

jueves, 30 de julio de 2009

A prostitución en Addis


Os nosos colaboradores locais fixéronos chega-la nova do alarmante aumento de contaxios por VIH nalgunhas zonas de Addís coñecidas polo grande número de prostitutas, especialmente na zona de Piassa.
Addís estase convertindo nun grange prostíbulo, a calquera hora do dia e principalmente a partir do serán hai un grande número de mulleres na rua exercendo a prostitución.
E por desgraza Addís afiánzase cada vez máis como destiño importante do turismo sexual, polo que estanse a facer investigacións ao respecto; constatando a presencia dun grande número de usuarios da prostitución: principalmente europeos, americanos e africanos doutros países.

miércoles, 29 de julio de 2009

Cadeira solucionada

Mañá imos á ortopedia a encarrega-la cadeira máis axeitada para Mykias, gracias á xenerosidade dunha persoa que se ofreceu a mercarlla.

viernes, 24 de julio de 2009

Acerca de Martha e Mykias

Martha e Mykias son uns verdadeiros campións, cunha fortaleza moral e un carácter magnífico moi difícil de atopar.
Martha tivo unha pequena operación previa á da escoliose, por un problema que se lle diagnosticou. Agora está ben, operarana o vindeiro mércores.

Mykias chegou mal diagnosticado do Hospital Black Lion de Addís -o hospital de referencia que da a carta de saída ao extranxeiro para poder obte-lo visado por razóns médicas- e o seu problema non é operable. A sua enfermidade é moito mais grave, e por desgracia progresiva e sen tratamento. Ten distrofia muscular, que avanza de forma rápida. El é consciente de que a sua enfermidade non ten remedio, non porque llo dixeran, senón porque el só chegou a ese razoamento. E non se veu abaixo, tenta desfrutar de tódolos intres e dí que de Mallorca góstalle ata o hospital.
Mykias é un neno moi especial, dotado dunha grande intelixencia e madurez.

Nos vindeiros dias irá a rehabilitación coa sua nai, vanlle ensinar a ela uns exercicios para facer na casa para previr rixideces e contracturas.

Queremos mercarlle unha cadeira de rodas a Mykias. É pequeno para usar unha de adulto, por tanto necesita unha de "cadete" con proteccións e adaptacións para cando o seu estado de saúde empiore.

Se algún de vós coñece dalgunha empresa que se implique, por favor, facédenolo saber. É moi importante para Mykias ter unha cadeira cómoda, do seu tamaño, con bó apoio lumbar e reclinable, para cando non poida estar sentado. Moitas gracias de antemán a todos/as. Déixovos cunha foto da nosa pequena familia etíope, e outra da casa onde están. (a Martha déronlle o alta ata o martes).


Contenedor para Ghana


Gracias ao señor Antonio Fuster, hoxe carregamos o camión con suministros para o Hospital Dangme East de Ada, Ghana.
O carregamento irá por estrada dende Barcelona a Cardiff (País de Gales) e dende alí colocarase nun contenedor que agarda carregado con material para montar o departamento de fisioterapia no Hospital en Ada.

No packing list hay mais de 4100 pares de gafas, ordenadores, material sanitario, 2 nebulizadores, un electrocardiograma, accesorios para ofimática, aparatos de fisioterapia, monitores de pantalla plana, libros para nenos hospitalizados, etc. (Facía moito, pero moito calor ao arregar o camión este mediodia)











lunes, 20 de julio de 2009

A nosa escola de Yeka

Qué ledicia e que descanso poder dicir que Yeka está funcionando ben.
Pasados os problemas, pasada a revolución popular que destituiu ó anterior Edir corrupto, a nosa querida Birhan school de Yeka entrou polo bó camiño.
O novo Edir está facendo as cousas ben.
A comunidade de pais está involucrada no dia a dia da escola. Isto é moi importante porque co anterior Edir estaba marxinada. Un exemplo deste involucramento vémolo na asistencia permanente de dous membros do comité de
familias no intre das mercas semanais.
Ogallá academos o mesmo espírito que en Abugida: nenos felices, mestres felices e comprometidos, Edir honesto e comprometido. Esas son as claves para que as escolas funcionen.
Están loitando por logra-lo documento que certifique por escrito que o Edir é dono da escola e dos terreos, en canto o teñan empezaremo-la construcción dos novos edificios da escola. A construcción "low cost", ou sexa chapa era unha solución puntual mentres lograban o papel antes mentado.
Os pais e nais ofrecéronse a aporta-la man de obra.
Para o curso que ven seguiremos con prescolar e unha clase de nenos maiorciños que nunca antes foran á escola.
Nun futuro non descartamos ampliar a primaria.
A metade das nais son analfabetas. Están interesadas en aprender a ler e escreber. Tamén hai nais que queren aprender un oficio.Deixamos que o discutan entre elas e mailo Edir. Nós estamos abertos a tódalas posibilidades, obradoiros de costura, etc. A decisión é sús, porque elas son as que coñecen a súa realidade.
Poden usa-las instalacións da escola fora de horario escolar.
E unha boa noticia: ningún neno da escola Birhan de Yeka anda mendigando, antes da creación da escola mendigaba practicamente a totalidade deles.

Foto: no intre da reunión co Edir, o persoal, e a comunidade de pais e nais (prometo quen non durmían , mais estaban escoitando).

jueves, 16 de julio de 2009

A voltas cos voluntarios/as


Os voluntarios/as que acompañan e axudan a Mykias e Martha e ás duas adultas están funcionando á perfección, poñendo todo o mellor da sua parte. Están perfectamente coordinados, e traballando en equipo.
Tamén a voluntaria que fixo os talleres de marionetas nas escolas. Quedaron encantados con ela e co seu teatro.
Pero tamén temos a outra cara do voluntario/a: o que se fai voluntario e entende o voluntariado coma unha forma de face-lo que lle pareza ou cando lle pareza.
E así non funcionan as cousas.
Unha vez díxonos un psiquiatra coñecido que as ongs atraían a persoaxes extranas. Sempre rimos un pouco de todo isto, entendendo que "extranos" podemos ser todos, uns por deixar o seu traballo e a sua vida cada tres meses, outros por empregar moitísimo tempo persoal en que as cousas vaian adiante, todos por poñer o corazón en persoas alleas a nós, que viven a moitos kms. de distancia.

Pero tamén coñecemos ao longo da nosa vida coma ONG este tipo de voluntariado extrano, entendendo como extrano non positivo para a ONG.
Persoaxes que van por libre, inestables, que se moven levados pola paixón ou polo interese puntual, sen capacidade de adaptación, que queren enche-lo seu tempo facendo "algo" do que nin sequera gostan cando o ven, que se frustran á mais mínima, que non pensan nas consecuencias dos seus actos nin na ofensa ou no dano que poden causar en culturas alleas á nosa...comezamos a entender ás organizacións que non admiten voluntarios para os seus proxectos.

Sempre dixemos que ser voluntario non significa "fago o que quero cando quero", senón que é asumir unha obligación moral, tanto de compromiso persoal coma de esforzo.

Mediterránea ten persoal local contratado en tódolos seus proxectos en Etiopia, e teraos en calquera proxecto no que sexa necesario, así que non dependemos de voluntarios que vaian aos países, agás se é para facer algunha labor específica, como o Gran Barry en Ghana, que ademais ía de inxenieiro asesor e rematou cavando zanxas sen que lle caeran os aneis; simplemente porque viu que facía falla facelo, e con iso ía lograr un ben para o orfanato Ho.

Así que a partir de setembro só admitiremos voluntarios que vaian facer unha labor específica e necesaria para os nosos proxectos. E non é unha decisión arbitraria, entendemos a boa vontade, pero ás veces non basta.


lunes, 13 de julio de 2009

Caixa Navarra

Concedeunos para as nosas escolas 5210 euros, gracias aos 65 clientes de Caixa Navarra que nos apoiaron.

Moitísimas gracias a todos.

miércoles, 8 de julio de 2009

Abugida medra

Na escola de Abugida vai comezar nos próximos dias a ampliación prevista. Finalmente consistirá en:

Duas aulas novas( para primeiro e segundo de primaria) que se van construir dentro do recinto da escola, mais separada do edifico principal. O motivo é que o kebele de Akaki di que a lei etíope di que as aulas de primaria han de estar separadas das de preescolar.
Un comedor externo. O kebele de Akaki di que a lei etíope di que os nenos non poden comer onde estudian, nin estudar onde comen.

Reparación de todo o tellado exterior, con instalación dun novo falso techo interior, tamén estropeado. As choivas van causando danos no tellado, polo que se fai necesario reparalo na sua práctica totalidade.

Abugida é unha escola moi controlada polo kebele da sua localidade, Akaki.
O feito de que sexa unha escola "modelo" (polo seu funcionamento, a integración da comunidade de pais e nais, a calidade do comedor, a escola de adultas...) fai que nos poñan o listón alto e por iso temos que cumprir a lei de forma rigurosa, xa que do kebele depende a continuidade da escola.

Todo isto fai que o presuposto se disparara e aumentara considerablemente(aínda regateando coma xabatas). Podemos asumilo, e así faremos. Hai que seguir adiante coa axuda de todos/as.

As aulas novas de primaria están preparadas e reforzadas para ter un piso superior que servirá para terceiro e cuarto de primaria. Lembremos que este ano será o primeiro en que comezarán os nenos de dous anos.

O constructor comprometeuse a que todo estea rematado para o comezo do curso. O contrato firmarase con Edir de Akaki, que será encargado da boa marcha da construcción.

Hei de dicir que estamos con moita ledicia de colaborar directamente cos Edires. Son institucións que están case a nivel estatal, con moito prestixio social. Teñen moita forza porque están formados polas asociacións de veciños, isto fai que a participación sexa bastante democrática.
De feito nas nosas escolas sí tentamos que o sexa, cada vez que viaxamos reunímonos cos pais e nais das nosas escolas, que nos expresan os seus medos, as suas preocupacións, as suas ledicias e o bon ou mal facer do seu Edir.

E aínda que non son institucións perfectas ( a codicia sempre pasta en tódolos lares, non hai mais que lembrar ao noso Edir da escola de Yeka), son a mellor contraparte que podemos ter, xa que por desgracia as ongs locais etíopes son, na sua maioría, creadas para o seu enrequecemento.

martes, 7 de julio de 2009

que viva a auga



A tarde antes do seu ingreso Mykias puido ir ao mar, e tiveron a sorte de atoparse cun posto da Cruz Vermella que prestou a silla para que poidera entrar na auga.
Tódalas fotos son publicadas coa autorización dos que saen nelas, e que ademais fano encantados.