viernes, 31 de julio de 2009

jueves, 30 de julio de 2009

A prostitución en Addis


Os nosos colaboradores locais fixéronos chega-la nova do alarmante aumento de contaxios por VIH nalgunhas zonas de Addís coñecidas polo grande número de prostitutas, especialmente na zona de Piassa.
Addís estase convertindo nun grange prostíbulo, a calquera hora do dia e principalmente a partir do serán hai un grande número de mulleres na rua exercendo a prostitución.
E por desgraza Addís afiánzase cada vez máis como destiño importante do turismo sexual, polo que estanse a facer investigacións ao respecto; constatando a presencia dun grande número de usuarios da prostitución: principalmente europeos, americanos e africanos doutros países.

miércoles, 29 de julio de 2009

Cadeira solucionada

Mañá imos á ortopedia a encarrega-la cadeira máis axeitada para Mykias, gracias á xenerosidade dunha persoa que se ofreceu a mercarlla.

viernes, 24 de julio de 2009

Acerca de Martha e Mykias

Martha e Mykias son uns verdadeiros campións, cunha fortaleza moral e un carácter magnífico moi difícil de atopar.
Martha tivo unha pequena operación previa á da escoliose, por un problema que se lle diagnosticou. Agora está ben, operarana o vindeiro mércores.

Mykias chegou mal diagnosticado do Hospital Black Lion de Addís -o hospital de referencia que da a carta de saída ao extranxeiro para poder obte-lo visado por razóns médicas- e o seu problema non é operable. A sua enfermidade é moito mais grave, e por desgracia progresiva e sen tratamento. Ten distrofia muscular, que avanza de forma rápida. El é consciente de que a sua enfermidade non ten remedio, non porque llo dixeran, senón porque el só chegou a ese razoamento. E non se veu abaixo, tenta desfrutar de tódolos intres e dí que de Mallorca góstalle ata o hospital.
Mykias é un neno moi especial, dotado dunha grande intelixencia e madurez.

Nos vindeiros dias irá a rehabilitación coa sua nai, vanlle ensinar a ela uns exercicios para facer na casa para previr rixideces e contracturas.

Queremos mercarlle unha cadeira de rodas a Mykias. É pequeno para usar unha de adulto, por tanto necesita unha de "cadete" con proteccións e adaptacións para cando o seu estado de saúde empiore.

Se algún de vós coñece dalgunha empresa que se implique, por favor, facédenolo saber. É moi importante para Mykias ter unha cadeira cómoda, do seu tamaño, con bó apoio lumbar e reclinable, para cando non poida estar sentado. Moitas gracias de antemán a todos/as. Déixovos cunha foto da nosa pequena familia etíope, e outra da casa onde están. (a Martha déronlle o alta ata o martes).


Contenedor para Ghana


Gracias ao señor Antonio Fuster, hoxe carregamos o camión con suministros para o Hospital Dangme East de Ada, Ghana.
O carregamento irá por estrada dende Barcelona a Cardiff (País de Gales) e dende alí colocarase nun contenedor que agarda carregado con material para montar o departamento de fisioterapia no Hospital en Ada.

No packing list hay mais de 4100 pares de gafas, ordenadores, material sanitario, 2 nebulizadores, un electrocardiograma, accesorios para ofimática, aparatos de fisioterapia, monitores de pantalla plana, libros para nenos hospitalizados, etc. (Facía moito, pero moito calor ao arregar o camión este mediodia)











lunes, 20 de julio de 2009

A nosa escola de Yeka

Qué ledicia e que descanso poder dicir que Yeka está funcionando ben.
Pasados os problemas, pasada a revolución popular que destituiu ó anterior Edir corrupto, a nosa querida Birhan school de Yeka entrou polo bó camiño.
O novo Edir está facendo as cousas ben.
A comunidade de pais está involucrada no dia a dia da escola. Isto é moi importante porque co anterior Edir estaba marxinada. Un exemplo deste involucramento vémolo na asistencia permanente de dous membros do comité de
familias no intre das mercas semanais.
Ogallá academos o mesmo espírito que en Abugida: nenos felices, mestres felices e comprometidos, Edir honesto e comprometido. Esas son as claves para que as escolas funcionen.
Están loitando por logra-lo documento que certifique por escrito que o Edir é dono da escola e dos terreos, en canto o teñan empezaremo-la construcción dos novos edificios da escola. A construcción "low cost", ou sexa chapa era unha solución puntual mentres lograban o papel antes mentado.
Os pais e nais ofrecéronse a aporta-la man de obra.
Para o curso que ven seguiremos con prescolar e unha clase de nenos maiorciños que nunca antes foran á escola.
Nun futuro non descartamos ampliar a primaria.
A metade das nais son analfabetas. Están interesadas en aprender a ler e escreber. Tamén hai nais que queren aprender un oficio.Deixamos que o discutan entre elas e mailo Edir. Nós estamos abertos a tódalas posibilidades, obradoiros de costura, etc. A decisión é sús, porque elas son as que coñecen a súa realidade.
Poden usa-las instalacións da escola fora de horario escolar.
E unha boa noticia: ningún neno da escola Birhan de Yeka anda mendigando, antes da creación da escola mendigaba practicamente a totalidade deles.

Foto: no intre da reunión co Edir, o persoal, e a comunidade de pais e nais (prometo quen non durmían , mais estaban escoitando).

jueves, 16 de julio de 2009

A voltas cos voluntarios/as


Os voluntarios/as que acompañan e axudan a Mykias e Martha e ás duas adultas están funcionando á perfección, poñendo todo o mellor da sua parte. Están perfectamente coordinados, e traballando en equipo.
Tamén a voluntaria que fixo os talleres de marionetas nas escolas. Quedaron encantados con ela e co seu teatro.
Pero tamén temos a outra cara do voluntario/a: o que se fai voluntario e entende o voluntariado coma unha forma de face-lo que lle pareza ou cando lle pareza.
E así non funcionan as cousas.
Unha vez díxonos un psiquiatra coñecido que as ongs atraían a persoaxes extranas. Sempre rimos un pouco de todo isto, entendendo que "extranos" podemos ser todos, uns por deixar o seu traballo e a sua vida cada tres meses, outros por empregar moitísimo tempo persoal en que as cousas vaian adiante, todos por poñer o corazón en persoas alleas a nós, que viven a moitos kms. de distancia.

Pero tamén coñecemos ao longo da nosa vida coma ONG este tipo de voluntariado extrano, entendendo como extrano non positivo para a ONG.
Persoaxes que van por libre, inestables, que se moven levados pola paixón ou polo interese puntual, sen capacidade de adaptación, que queren enche-lo seu tempo facendo "algo" do que nin sequera gostan cando o ven, que se frustran á mais mínima, que non pensan nas consecuencias dos seus actos nin na ofensa ou no dano que poden causar en culturas alleas á nosa...comezamos a entender ás organizacións que non admiten voluntarios para os seus proxectos.

Sempre dixemos que ser voluntario non significa "fago o que quero cando quero", senón que é asumir unha obligación moral, tanto de compromiso persoal coma de esforzo.

Mediterránea ten persoal local contratado en tódolos seus proxectos en Etiopia, e teraos en calquera proxecto no que sexa necesario, así que non dependemos de voluntarios que vaian aos países, agás se é para facer algunha labor específica, como o Gran Barry en Ghana, que ademais ía de inxenieiro asesor e rematou cavando zanxas sen que lle caeran os aneis; simplemente porque viu que facía falla facelo, e con iso ía lograr un ben para o orfanato Ho.

Así que a partir de setembro só admitiremos voluntarios que vaian facer unha labor específica e necesaria para os nosos proxectos. E non é unha decisión arbitraria, entendemos a boa vontade, pero ás veces non basta.


lunes, 13 de julio de 2009

Caixa Navarra

Concedeunos para as nosas escolas 5210 euros, gracias aos 65 clientes de Caixa Navarra que nos apoiaron.

Moitísimas gracias a todos.

miércoles, 8 de julio de 2009

Abugida medra

Na escola de Abugida vai comezar nos próximos dias a ampliación prevista. Finalmente consistirá en:

Duas aulas novas( para primeiro e segundo de primaria) que se van construir dentro do recinto da escola, mais separada do edifico principal. O motivo é que o kebele de Akaki di que a lei etíope di que as aulas de primaria han de estar separadas das de preescolar.
Un comedor externo. O kebele de Akaki di que a lei etíope di que os nenos non poden comer onde estudian, nin estudar onde comen.

Reparación de todo o tellado exterior, con instalación dun novo falso techo interior, tamén estropeado. As choivas van causando danos no tellado, polo que se fai necesario reparalo na sua práctica totalidade.

Abugida é unha escola moi controlada polo kebele da sua localidade, Akaki.
O feito de que sexa unha escola "modelo" (polo seu funcionamento, a integración da comunidade de pais e nais, a calidade do comedor, a escola de adultas...) fai que nos poñan o listón alto e por iso temos que cumprir a lei de forma rigurosa, xa que do kebele depende a continuidade da escola.

Todo isto fai que o presuposto se disparara e aumentara considerablemente(aínda regateando coma xabatas). Podemos asumilo, e así faremos. Hai que seguir adiante coa axuda de todos/as.

As aulas novas de primaria están preparadas e reforzadas para ter un piso superior que servirá para terceiro e cuarto de primaria. Lembremos que este ano será o primeiro en que comezarán os nenos de dous anos.

O constructor comprometeuse a que todo estea rematado para o comezo do curso. O contrato firmarase con Edir de Akaki, que será encargado da boa marcha da construcción.

Hei de dicir que estamos con moita ledicia de colaborar directamente cos Edires. Son institucións que están case a nivel estatal, con moito prestixio social. Teñen moita forza porque están formados polas asociacións de veciños, isto fai que a participación sexa bastante democrática.
De feito nas nosas escolas sí tentamos que o sexa, cada vez que viaxamos reunímonos cos pais e nais das nosas escolas, que nos expresan os seus medos, as suas preocupacións, as suas ledicias e o bon ou mal facer do seu Edir.

E aínda que non son institucións perfectas ( a codicia sempre pasta en tódolos lares, non hai mais que lembrar ao noso Edir da escola de Yeka), son a mellor contraparte que podemos ter, xa que por desgracia as ongs locais etíopes son, na sua maioría, creadas para o seu enrequecemento.

martes, 7 de julio de 2009

que viva a auga



A tarde antes do seu ingreso Mykias puido ir ao mar, e tiveron a sorte de atoparse cun posto da Cruz Vermella que prestou a silla para que poidera entrar na auga.
Tódalas fotos son publicadas coa autorización dos que saen nelas, e que ademais fano encantados.

lunes, 6 de julio de 2009

Xa estamos aquí pese á Lei de Murphy


1. Calquera cousa que poida ir mal...irá mal. (Lei de Murphy).
2. Se unha cousa pode ir mal, irá mal por triplicado (Lei de Murphy sobre o goberno).
Se hai diversas cousa que poidan ir mal, irá mal a que faga máis dano (Corolario de Murphy).
3. Dúas colas non son máis que o comenzo. (Corolario de Kuhin sobre a Lei de Murphy).
4. Nada é tan doado como semella. (Primeiro corolario de Murphy).
5. Todo require máis tempo do que prevés. (Segundo corolario de Murphy).
6. Se varias cousas poden ir mal, irá a que produza problemas maiores. (Tercer corolario de Murphy).
7. Se sabes que unha cousa pode ir mal e tomas tóda-las precaucións irá mal outra cousa.

Ben , pois pese ao simpático Murphy chegamos todos ben, qinda que cun montonazo de horas de retraso sobre o plan previsto. Ao chegar a Roma Mykias e a sua nai foron por outro camiño (xa que Mykias vai en silla de rodas), e o resultado foi que se perderon duranta mási de 4 horas, polo que se dividiu o grupo e Martha e a sua maestra seguiron camiño a Mallorca e dous de nós agradamos en Roma tentando localizar a Mykias e a sua nai, tarea moi ardua nun aeroporto coma Fiumiccino, que debe ter o título de aeroporto máis suxo e caótico do planeta, polo menos para nós.

Despois de todo isto dimos con eles (os miragros tamén existen), tivemos que voltar a mercar billetes, agardar en Roma sete horas para coller-lo próximo vóo a Barcelona, e catro horas mais en Barcelona para poder chegar a Palma de Mallorca.

Sen entrar en detalles, só dicir que tódo-los preceptos da Lei de Murphy cumpríronse, unha cousa saía mal detrás da outra. Ao final chegamos a Mallorca a iso das 2 da madrugada, despois de 27 horas de viaxe.

Como Martha e Eldana chegaran á hora prevista(3 da tarde), poideron pasar unha tarde moi agradable na praia e visitando algúns dos lugares tan bonitos que hai na nosa illa.
O pobre Mykias soportou un montón de horas de aeroporto, resistindo coma un xabato pese á sua condición física e con dous momentos estelares que o fixeron moi feliz: a vista do mar dende o avión e a comida do McDonalds do aeroporto de Roma. Ata dixo que prefería a Mcbasura á injera...Mykias non é un neno que sorría moito (ten poucos motivos para facelo)pero cando iso sucede a sua cara convértese nunha cara de lúa chea de felicidade.

Hoxe ingresou Martha en Son Dueta. Operarana o venres.

Mykias ingresará mañá. Chegou agotado por completo. Por desgracia está peor que fai tres meses, a derradeira vez que o vimos. A sua nai está preparada para calquera posibilidade.
Esperemos que poida mellorar, e se isto non é posible, tentaremos que a sua estadía entre nós énchao de intres de felicidade. No noso longo camiño dende Addís atopamos, pese ao Sr. Murphy, xente entrañable, destaco aos que traballan de axudantes de discapacitados nos distintos aeroportos por donde pasamos,sobre todo aos de Barcelona. Moi cariñosos con Mykias.
A chegada ao que será o seu fogar durante a sua estadía extrahospitalaria en Mallorca, emocionante. O pai da familia que os acolle colleuno coma un paxariño nos seus brazos (quedara durmido no coche) e levouno ata a cama cunha ternura inmensa. Qué home tan cariñoso e sensible. Qué bo é o mundo con persoas coma esta familia.
Hoxe tamén comezaron a funciona-los voluntarios.

E desde que Murphy quedou no aeroporto todo foi ben. A familia do neno que comparte habitación con Martha tamén é encantadora.

Así que ata os proximos post. Hai bastantes cousas que contar sobre os proxectos, pero de momento aquí deixo isto ata que recupere parte da materia gris que me quedou requeimada na viaxe.
Gracias a todos por facer que Martha e Mykias estean aquí.