sábado, 28 de noviembre de 2009

O espírito de Abugida chegou á Birhan School





































Con moita ledicia podemos dicir que o espírito de Abugida chegou á Birhan School.
Co inicio do curso escolar os mestres retirados cederon os seus postos ás mestras xoves, marchosas e motivadas, que cantan, bailan e xogan cos alumnos. Os mestres retirados eran partidarios de "a letra con sangue entra", ou sexa, que andaban sempre ca vara na man, reprimindo non só aos nenos senón ás mestras. Chamounos a atención dende o principio que os nenos da Birhan tiveran un ar triste en comparanza cos de Abugida e sospeitando que a causa eran os mestres retirados, pasámolos a da-la clase de alfabetización de adultas polo serán.
Gañaron os nenos e gañaron eles, recoñecendo que cos adultos lles vai millor.
O recebemento foi espectacular: bailes, cancións, non só os nenos senón tamén asa mestras, ataviadas co traxe tradicional e belísimas todas elas. Os nenos deste ano levan o mesmo uniforme que os de Abugida.
Unha vez pasou a cerimonia de benvida reunímonos coa directora. Esta sustiruira á anterior, non sabiamos entó o porqué.
Entrevistamos ao resto das mestras, unha por unha. Dixéronos que a puxeran por seren filla dun membro do Edir, e todas dixeron que era boa muller pero que non estaba capacitada para teren un posto de responsabilidade. Por iso reunímolas a todas e pedímoslles que votaran á que elas crian mais capacitada. Naturalmente o voto sería segredo. Moi animadas puxéronse a votar pero cando saiu o resultado comezaron a ter medo ao Edir, xa que ninguén votou á directora e saiu Genet, unha das mestras, como a mais votada. Tranquilizámolas dicíndolles que xa nos enfrentariamos nós ao Edir.
E a continuación veu a reunión co Edir. Ao primeiro estaban un pouco tensos mais limamos asperezas e chegamos a un entendemento, xa que as duas partes desexamo-lo ben da Birhan School e de tódolos nenos e nenas que alí acoden. O Edir está loitando por telo papel que fai oficial á Birhan. Andan en trámites mais a burocracia é lenta e complicada.
A escola, dentro da sua precariedade, está mais bonita, nótase a man das mestras. Os nenos, como xa dixen, están felices.
Estannos facendon unha fichas con información individual de cada alumno. Esta información inclue os seus datos persoais e familiares, incluindo os de saúde. Gracias ás fichas descubrimos varios posibles problemas importantes de saúde que están en estudio.
As mestras da Birhan recibirán clases de informática durante tres meses, ao igual que as mestras de Abugida. As clases de alfabetización de adultos son un éxito. Nós financiamos un grupo e o kebele usa as clases da escola para dous grupos mais de alfabetización.
Barry fixo un proxecto de construcción para cando a escola sexa oficial, e calculando o prezo por metro cuadrado a construcción sairanos por 30000 euros.
Desgraciadamente a reunión cos pais non tivo lugar ao frustrala coa sua denuncia os mafiosillos. A investigación dese asunto está seguindo o seu curso e esperamos que a Xusticia actue contra deles con contundencia.
Fotos: os Romeo e Xulieta da escola, con parte don persoal, nenos da escola, Genet a nova directora, bailes e benvida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario