lunes, 20 de julio de 2009

A nosa escola de Yeka

Qué ledicia e que descanso poder dicir que Yeka está funcionando ben.
Pasados os problemas, pasada a revolución popular que destituiu ó anterior Edir corrupto, a nosa querida Birhan school de Yeka entrou polo bó camiño.
O novo Edir está facendo as cousas ben.
A comunidade de pais está involucrada no dia a dia da escola. Isto é moi importante porque co anterior Edir estaba marxinada. Un exemplo deste involucramento vémolo na asistencia permanente de dous membros do comité de
familias no intre das mercas semanais.
Ogallá academos o mesmo espírito que en Abugida: nenos felices, mestres felices e comprometidos, Edir honesto e comprometido. Esas son as claves para que as escolas funcionen.
Están loitando por logra-lo documento que certifique por escrito que o Edir é dono da escola e dos terreos, en canto o teñan empezaremo-la construcción dos novos edificios da escola. A construcción "low cost", ou sexa chapa era unha solución puntual mentres lograban o papel antes mentado.
Os pais e nais ofrecéronse a aporta-la man de obra.
Para o curso que ven seguiremos con prescolar e unha clase de nenos maiorciños que nunca antes foran á escola.
Nun futuro non descartamos ampliar a primaria.
A metade das nais son analfabetas. Están interesadas en aprender a ler e escreber. Tamén hai nais que queren aprender un oficio.Deixamos que o discutan entre elas e mailo Edir. Nós estamos abertos a tódalas posibilidades, obradoiros de costura, etc. A decisión é sús, porque elas son as que coñecen a súa realidade.
Poden usa-las instalacións da escola fora de horario escolar.
E unha boa noticia: ningún neno da escola Birhan de Yeka anda mendigando, antes da creación da escola mendigaba practicamente a totalidade deles.

Foto: no intre da reunión co Edir, o persoal, e a comunidade de pais e nais (prometo quen non durmían , mais estaban escoitando).

No hay comentarios:

Publicar un comentario