domingo, 28 de junio de 2009

Novo blog


Aledámonos de comunicarvos que o noso blog en galego xa comezou a funcionar!

martes, 23 de junio de 2009

Ímonos

Chegou a hora de irse. Esta vez iremos dous e voltaremos seis. Con respecto a Abugida e á escola de Akaki, a construcción do comedor exterior e da nova aula para os alumnos de segundo de primaria iniciaráse en breve. Esperemos que a choiva non entorpeza demasiado as obras. O presuposto total das suas construccións é duns 18000 euros. Construir en Etiopia é moi caro. Os materiais son de importación, eso encarece moito os custos, o cemento anda polas nubes. Ao mesmo tempo hai construccións cunha calidade moi mala que supoñen un perigo, con derrumbamentos frecuentes, e non queremos caer niso. Queremos que as construccións que nós pagamos sexan seguras para os nenos, ainda que supoñan un desembolso máis elevado.
O curso que ven Abugida contará con 50 nenos mais, así que xa serán 215 nenos de idades comprendidas entre dous e oito anos. Este curso comezaremos coa nursery , o aula dos nenos de dous anos. En Etiopia a lei dí que ao haber escola para nenos de dous anos ten que haber unha enfermeira no centro, asi que contrataremos unha. Tamén contratamos outra axudante de cociñeira.
O primeiro curso de alfabetización de adultas foi un éxito. Sesenta mulleres -e algúns homes-seguiron as clases durante todo o curso escolar, agora tócalle-lo turno a outros.
Dámonos de conta que queda un sector da poboación, aquel de nenos e nenas de 10 a 13 anos, nunha grande proporción tamén analfabetos, asi que imos tratar o tema co Edir a ver se se poden extende-las clases a un grupo dista idade. Ao ser polo serán, isto permítelles traballar pola mañá.

Na escola Birhan de Yeka, como xa contamos no seu intre, cambiou o comité do Edir para ben. O Edir é o organismo veciñal dono do terreo da escola, que colabora connosco no dia a dia o mesmo que en Abugida.
Nesta escola construimos hai un ano un comedor e unha cociña, ámbolos dous de baixo custo. Tamén construimos uns baños con letrinas secas e duchas.
O motivo de decidirmos por unha construcción de baixo custo, (de estrutura de chapa), foi porque o Edir aínda non tiña o papel do kebele que certificara que eran donos do terreo. Xa nos dixeron que agardan telo en breve, asi que en canto o teñan, a nosa intención é derruba-la estrutura de baixo custo e facer unha construcción de bloques o mesmo que en Abugida.
Nesta escola o curso que ven haberá tres clases de preescolar, e unha clase para nenos de entre 8 e 14 anos que nunca antes poideran ir á escola. En total serán uns 200 nenos.

Na Birhan School tamén temos pensado facer clases de alfabetización para mulleres (e homes que queiran apuntarse). Unha idea común para ambas escolas é que os nosos nenos das duas escolas poidan te-lo seu certificado de nacemento biolóxico, que lles permite acceder ao carné de identidade. Queremos que os nosos nenos estén rexistrados na súa sociedade. Un neno rexistrado é un neno máis seguro, un neno con máis dereitos. Por isto subvencionaremo-los custos do papeleo ás familias que non podan pagalo. Ainda que o custo non sexa moi elevado, hai familias que non poden pagar nen sequera iso. Nas nosas escolas son a inmensa maioría.

A Casa da Muller segue en marcha, preto de sair a primeira promoción de neneiras . É tamén a nosa intención facer máis clases para aproveitar aínda máis a casa.

E así son as cousas e así volas contamos...ata a volta e feliz comezo de verán para todos/as.

sábado, 20 de junio de 2009

Adeus a unha grande persoa


Gracias. Fuches un exemplo para todos.
Non todos tivémo-la sorte de coñecerte, pero a tua labor, entrega e amor deberíanos ser un estímulo para seguer os teus pasos.
Gracias por deixarnos ver que un mundo mellor é posible.