viernes, 24 de julio de 2009

Acerca de Martha e Mykias

Martha e Mykias son uns verdadeiros campións, cunha fortaleza moral e un carácter magnífico moi difícil de atopar.
Martha tivo unha pequena operación previa á da escoliose, por un problema que se lle diagnosticou. Agora está ben, operarana o vindeiro mércores.

Mykias chegou mal diagnosticado do Hospital Black Lion de Addís -o hospital de referencia que da a carta de saída ao extranxeiro para poder obte-lo visado por razóns médicas- e o seu problema non é operable. A sua enfermidade é moito mais grave, e por desgracia progresiva e sen tratamento. Ten distrofia muscular, que avanza de forma rápida. El é consciente de que a sua enfermidade non ten remedio, non porque llo dixeran, senón porque el só chegou a ese razoamento. E non se veu abaixo, tenta desfrutar de tódolos intres e dí que de Mallorca góstalle ata o hospital.
Mykias é un neno moi especial, dotado dunha grande intelixencia e madurez.

Nos vindeiros dias irá a rehabilitación coa sua nai, vanlle ensinar a ela uns exercicios para facer na casa para previr rixideces e contracturas.

Queremos mercarlle unha cadeira de rodas a Mykias. É pequeno para usar unha de adulto, por tanto necesita unha de "cadete" con proteccións e adaptacións para cando o seu estado de saúde empiore.

Se algún de vós coñece dalgunha empresa que se implique, por favor, facédenolo saber. É moi importante para Mykias ter unha cadeira cómoda, do seu tamaño, con bó apoio lumbar e reclinable, para cando non poida estar sentado. Moitas gracias de antemán a todos/as. Déixovos cunha foto da nosa pequena familia etíope, e outra da casa onde están. (a Martha déronlle o alta ata o martes).


No hay comentarios:

Publicar un comentario