miércoles, 25 de noviembre de 2009

o paraíso de Abugida



Abugida medra e mellora. Tras unha reunión co xefe de tódolos kebeles de Akaki, déusenos permiso para continua-la construcción pendente e construi-lo noso derradeiro sono: a guardería de nenos de 1 a dous anos onde terán preferencia os nenos VIH, os fillos de nais soas, os nenos a cargo dos avós, etc. Isto é algo novedoso, non existe nada semellante, polo menos que nós saibamos.

A axuda de Barry foi inestimable, discutiu e discutiu co constructor, rebaixou o presuposto unha cantidade considerable, mirouno e remirouno todo e finalmente a construcción consistirá en:
- Comedor externo con pilas para lava-las mans.
- Dúas aulas novas:
A estas aulas pasarán parte dos nenos de 4 a 5 anos que son moitísimos, así os de 3 poderán pasar á clase de 4 e os de 4 á clase de 5. Hai tamén outra aula de cinco a seis.
Os pequen os de dous anos disporán da aula de tres anos para eles sós.
- Torre de auga nova.
- Baños entre as dúas aulas novas e a gardería.
- Lavandería exterior para a gardería.
- Gardería con patio exterior.
O prazo de remate das obras será de catro meses.
Nesta viaxe visitamo-las casas e coñecemo-los familiares tanto biolóxicos coma adoptivos dos 20 nenos que van a entrar no principio no programa de apadriñamentos. Algunhas delas xa as coñecíamos. Na escola fixeron moi bó traballo, non é doado seleccionar entre tantas vidas difíciles aos mais necesitados, mais fixérono con moi bó criterio.
Buscamos padriños para estes nenos, así non teremos que sacar dos fondos da escola, que medra e medra. Se alguén está interesado en máis información por favor contactade con apadrinamediterranea@gmail.com.
A cada familia entregánmselles 400 birrs mensuais (22 euros ao cambio actual) para axudar na alimentación, vestido e calzado do neno. O sistema de control é doble: a escola controla o que merca a familia e o noso representante controla tamén. Tódolos nenos son de Abugida ou estiveron nela e sairon este ano para a escola estatal, así que a escola coñece perfectamente aos nenos e as suas boa alimentación élles ainda máis importante.
Se acadamos cubrir esos 20 nenos poderemos ampliar a lista de nenos para apadriñar. Tamén lles pagamos os uniformes e o material escolar da escola pública. Estamos estudando construir uns baños novos nesa escola, sita na zona.
Asímesmo é moi posible que ampliemo-la cosiña actual da escola que está a quedar pequena. Isto está en fase de estudo actualmente.
As clases de alfabetización funcionan moi ben. Este ano non hai abuelitas empollonas, pero todas teñen moitas gañas de aprender.
Para rematar, estamos moi ledos de que nas nosas escolas:
- Haxa nenos de tódalas relixións.
- Haxa nenos de tódalas etnias.
- Haxa nenos seropositivos con¡vivindo con toda normalidade con nenos non seropositivos. Isto que semella obvio non o é tanto alá, xa que en Etiopía o SIDA presenta un grande estigma social.
- Aínda máis: acadamos que acepten ter na plantilla de traballadores e sen nengún problema a unha persoa seropositiva.
Pequenos avances que son grandes avances.
Fotos: nenos da clase de dous anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario