martes, 2 de marzo de 2010

Novas sobre Ghana


Alédanos poder informar que o contenedor con material médico, material para montar o servicio de Fisioterapia e material informático- todo isto para o hospital Dangme East de Ada- foi entregado ao hospital.



Este contenedor non nos supuxo coste algún, xa que o transporte de Barcelona a Inglaterra e de Inglaterra a Ghana pagouno unha compañía de transportes británica, Global Specialised Services LLP e o transporte de Mallorca ata Barcelona.
O material de fisioterapia mercouno a familia Watkins Jones de Reino Unido. Este material para fisioterapia está valorado en case 30000 euros, e servirá para pór en marcha a unidade de fisioterapia do hospital Dangme East de Ada. En Ada hai moitísimos accidentes de tráfico, e cardiovasculares, polo que o servicio de Fisioterapia seralles moi útil.
O material médico está composto por:
- Dous electrocardiógrafos
- Un desfibrilador
- Dous nebulizadores
- Material de laboratorio

O material informático está composto por varios ordenadores revisados e postos a punto para o seu uso.
Así mesmo hai 4100 pares de lupas graduadas e de sol, éstas con destiño aos traballadores das salina, con graves problemas de visión pola exposición ao forte sol.
Fainos falla un/unha fisioterapeuta que entrene aos fisioterapeutas que van traballar no hospital.
Tamén nos fai falla un oftalmólogo /a con instrumental que queira deplazarse na próxima viaxe de Mediterránea para operara no hiospital Dangme East de Ada. Na zona do estuario do volta onde está o hospital (que atende a mais de 200000 persoas) non hai ningún oftalmólogo. Os mais próximos están en Accra, a capital, a uns 270 kms, e só dan un servicio privado.

Fotos: Dr. Phillip Narth, o senlleiro médico do hospital.
Río Volta, nas inmediacións do hospital.