lunes, 6 de julio de 2009

Xa estamos aquí pese á Lei de Murphy


1. Calquera cousa que poida ir mal...irá mal. (Lei de Murphy).
2. Se unha cousa pode ir mal, irá mal por triplicado (Lei de Murphy sobre o goberno).
Se hai diversas cousa que poidan ir mal, irá mal a que faga máis dano (Corolario de Murphy).
3. Dúas colas non son máis que o comenzo. (Corolario de Kuhin sobre a Lei de Murphy).
4. Nada é tan doado como semella. (Primeiro corolario de Murphy).
5. Todo require máis tempo do que prevés. (Segundo corolario de Murphy).
6. Se varias cousas poden ir mal, irá a que produza problemas maiores. (Tercer corolario de Murphy).
7. Se sabes que unha cousa pode ir mal e tomas tóda-las precaucións irá mal outra cousa.

Ben , pois pese ao simpático Murphy chegamos todos ben, qinda que cun montonazo de horas de retraso sobre o plan previsto. Ao chegar a Roma Mykias e a sua nai foron por outro camiño (xa que Mykias vai en silla de rodas), e o resultado foi que se perderon duranta mási de 4 horas, polo que se dividiu o grupo e Martha e a sua maestra seguiron camiño a Mallorca e dous de nós agradamos en Roma tentando localizar a Mykias e a sua nai, tarea moi ardua nun aeroporto coma Fiumiccino, que debe ter o título de aeroporto máis suxo e caótico do planeta, polo menos para nós.

Despois de todo isto dimos con eles (os miragros tamén existen), tivemos que voltar a mercar billetes, agardar en Roma sete horas para coller-lo próximo vóo a Barcelona, e catro horas mais en Barcelona para poder chegar a Palma de Mallorca.

Sen entrar en detalles, só dicir que tódo-los preceptos da Lei de Murphy cumpríronse, unha cousa saía mal detrás da outra. Ao final chegamos a Mallorca a iso das 2 da madrugada, despois de 27 horas de viaxe.

Como Martha e Eldana chegaran á hora prevista(3 da tarde), poideron pasar unha tarde moi agradable na praia e visitando algúns dos lugares tan bonitos que hai na nosa illa.
O pobre Mykias soportou un montón de horas de aeroporto, resistindo coma un xabato pese á sua condición física e con dous momentos estelares que o fixeron moi feliz: a vista do mar dende o avión e a comida do McDonalds do aeroporto de Roma. Ata dixo que prefería a Mcbasura á injera...Mykias non é un neno que sorría moito (ten poucos motivos para facelo)pero cando iso sucede a sua cara convértese nunha cara de lúa chea de felicidade.

Hoxe ingresou Martha en Son Dueta. Operarana o venres.

Mykias ingresará mañá. Chegou agotado por completo. Por desgracia está peor que fai tres meses, a derradeira vez que o vimos. A sua nai está preparada para calquera posibilidade.
Esperemos que poida mellorar, e se isto non é posible, tentaremos que a sua estadía entre nós énchao de intres de felicidade. No noso longo camiño dende Addís atopamos, pese ao Sr. Murphy, xente entrañable, destaco aos que traballan de axudantes de discapacitados nos distintos aeroportos por donde pasamos,sobre todo aos de Barcelona. Moi cariñosos con Mykias.
A chegada ao que será o seu fogar durante a sua estadía extrahospitalaria en Mallorca, emocionante. O pai da familia que os acolle colleuno coma un paxariño nos seus brazos (quedara durmido no coche) e levouno ata a cama cunha ternura inmensa. Qué home tan cariñoso e sensible. Qué bo é o mundo con persoas coma esta familia.
Hoxe tamén comezaron a funciona-los voluntarios.

E desde que Murphy quedou no aeroporto todo foi ben. A familia do neno que comparte habitación con Martha tamén é encantadora.

Así que ata os proximos post. Hai bastantes cousas que contar sobre os proxectos, pero de momento aquí deixo isto ata que recupere parte da materia gris que me quedou requeimada na viaxe.
Gracias a todos por facer que Martha e Mykias estean aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario