domingo, 20 de junio de 2010

Mikias e o mar





Mikias estivo duas horas na auga e bañouse vestido, de feito aínda non se viste con manga curta. Pero disfrutou moito e non quería sair da auga. E é que para auga, a do noso Mediterráneo...
O pai de Mikias non quere ir á praia, el pasa moita vergoña coas mulleres en top-less. Así que Alejandra, que está a axudar moitísimo con Mikias, lévao á praia cos seus fillos.
Esa foi a primeira vez de Mikias no mar. Ata agora non poido ir, pero a partires dagora a auga de mar iralle moi ben para rematar de curar a sua infección crónica antes das duas operacións que agora precisa.
O obxectivo do tratamento da osteomielite é acabar coa infección, previr o seu empeoramento e restaurar na medida do posible o óso afectado. Suminístranselle antibióticos para acabar coas bacterias que están causando a infección. Os antibióticos tómanse por moito tempo. Tamén se precisa cirurxía para extirpar o tecido óseo morto. O espazo aberto que deixa ese tecido óseo pode encherse con inxerto óseo do seu próprio peroné ou con material de recheo que estimule o crecemento do tecido óseo novo. Optouse pola derradeira opción, que é menos traumática para el pero require unha convalecencia longa.
Osteomielite crónica, qué nome tan simple para unha enfermidade con tratamento tan longo e complicado.
Dudamos que Mikias poda voltar polo menos ata setembro,polo que teremos que prorroga-lo seu visado. Probablemente o seu irmanciño nacerá antes de que el e seu pai volten a Addis. A familia da casa onde se hospedan marcha de vacacións, así que temos que buscarlle unha nova hospedaxe. Se alguén vive en Calvia ou Plama e pode acollelos por favor que se poñan en contacto connosco: mediterranea.ong@gmail.com.
O pai de Mikias é un señor moi respetuoso que sabe cociñar moi ben e é moi limpo. Son completamente independentes.
Mikias uniuse as duas derradeiras semáns de curso á Baleares International School, onde fixo moitos amigos e onde recebeu como obsequio unha camiseta de La Roja. Esta escola ofreceulle tamén acudir é escola de verán. Ademais de pasalo ben con outros rapaces da sua idade, isto ofrécelle a posibilidade de mellorar moitísimo o seu inglés.
Moitas grazas á Baleares International School pola sua xenerosidade e hospitalidade con Mikias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario