martes, 22 de junio de 2010

Historia dunha foto




Unha foto non sempre val máis ca mil palabras. Ás veces, tras elas, atópanse acochadas historias que val a pena relatar.
Esta foto é unha desas imaxes. E non só porque sexa, simplemente, maravillosa. Nela vese a unha nena que está tal coma debería estar tódolos nenos: contenta, leda , sá...feliz- ¡Coma debe ser!
Ela é M. , unha das nenas pertencentes ao programa de apadriñamentos de Mediterránea, e unha das novas alumnas da gardería. Súa nai está soa, e ata fai pouco apenas podía sacar á sua filla adiante. Esta nai xa tivera que renunciar a dous fillos no pasado. Cando a xente de Mediterránea foi visitala á sua casa, atopouse con ista foto.
¿A que é inevitable namorarse dela? Nós non fumos inmunes. Tomámola na man e admirámola en voz alta. Caímos atrapados pola imaxe de M. , polo seu sorriso, pola sua enerxía, pola sua paixón de vivir. Dixémosllo á sua nai, que a tiña situada nun lugar especial da sua casa. Ela tomu a foto nas suas mans, entregóunola e só dixo unha frase:
"Quedádevo-la, eu xa teño a miña filla".
E iso que unha foto é moito mási ca unha foto en Etiopía. Non é algo que se fai case sen mirar, que se descarga sen mirar no ordenador e que se envía a decenas de amigos por correo ou álbumes web. Facer unha foto en Etiopía é algo moi especial. Unha ocasión para a que a familia se viste, a miúdo con roupa prestada para o evento; un intre especial para o que acoden ao fotógrafo. Logo, atesoran esa imaxe coma o tesouro que é, xa que rara vez teñen máis ca unha ou duas imaxes de cada membro da familia.
Pero a nai de M., que ama esa foto, ama moitísimo máis á sua filla. E agora pode estar con ela e ver como medra, rí e aprende.
Grazas a tódolos padriños de Mediterránea, grazas aos seus socios, grazas a todos vós, a nai de M. ten á sua filla na casa.
Por iso quixemos compartir esta foto. Porque é de todos, porque nai e filla están xuntas, porque grazas a vós ámbalas duas teñen unha vida digna, e M. está contenta, leda, sá...Feliz. ¡Como debe ser!
Durante esta derradeira viaxe, cando fomos a inaugura-las novas obras, poidemos entrega-la foto enmarcada de M. á sua nai que, orgullosa, non deixaba de ensinala a todo o mundo. É, coma tantas outras, unha nai feliz en Abugida. En Abugida temos a 37 niños apadriñados, e o numero ira medrando . Se queres apadriñar, escrebe a apadrinamediterranea@gmail.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario