sábado, 26 de junio de 2010

Ao fin comenza a gardería de Abugida


O próximo luns comenza a gardería dos nenos de 1 a 2 anos, chamados cariñosamente por nós e polos traballadores de Abugida os "bombonciños".


Serán 31 nenos os que comencen, 31 nenos con 31 historias detrás, bastantes delas moi difíciles e un exemplo de supervivencia, tanto deles como das suas nais.
"Aínda que aos nenos se lles queira, non semella sucede-lo mesmo cos seus dereitos". Esta é unha frase que quere dicir moito, e que aparece no seguinte documento que fala sobre a situación dos nenos en Etiopía: www.omct.org/pdf/cc/ethiopie_esp.pdf


Non é doado ser neno en Etiopía, como en tantos países do Terceiro Mundo e do noso Carto Mundo. E como dí o documento antes mencionado, a pobreza e a ignorancia na que está sumida a sociedade etíope ves aínda máis refrexada nos nenos.
Nós só sabemos algo certo: que elvando a calidade de vida dos nenos acádanse moitísimas cousas, ademais do evidente: que crezan sans e felices. Acádase ademais que ningún neno quede sen escolarizar cando saia de Abugida, porque os pais non queren que os seus fillos deixen de ir á escola. E pais e nais que ao mellor sen Abugida nunca levarían aos seus fillos á escola de primaria, agora non dudan en facelo, despois de comproba-lo que sabe seu neno ao salir do preescolar, o listo que é seu neno. En resumo, coma nós cos nosos, eles tamén teñen esperanza no futuro dos seus fillos, e están orgullosos deles.
Elevando a calidade de vida conséguese tamén loitar contra a discriminación porque ningún pai ou nai quere que o seu fillo deixe de ir a Abugida. E coa convivencia diaria ven que os seus prexuicios eran cuestión de ignorancia.

A gardería de nenos de 1 a 2 anos causou unha revolución no barrio. Non hai garderías semellantes onde as nais poidan deixar aos seus fillos para que se alimenten correctamente mentras elas van traballar. Os seus traballos, na maioría, son cociñar inyera polas casas, lavar roupa, traballar na construcción. Traballos imprescindibles para a economía familiar, máxime cando se trata dunha nai soa, que alí é moi frecuente. Agora estas nais poden ir traballar sabendo que os seus fillos están ben coidados.

Tres das nais da gardería comezarán traballar na escola Fitawrari cando arranque o comedor escolar que imos construir e manter para cen orfos que acoden á escola e viven sós.
Tivemos que levar moitísimas cousas dende aquí. Nós somos partidarios de fomenta-la economía local, e sempre que podemos facémolo. Pero coma neste caso o carpinteiro optou pola operación "pegarlle o pao ao farenyi", decidimos mercar nunha coñecida tenda sueca moitas das cousas, baratas e que se transportaron de forma doada.
Tamén levamos columpios, tobogáns, balancíns, cambiadores, colchóns impermeables, xoguetes (é moi difícil atopar xoguetes en Addis), artículos de puericultura, toda unha odisea transportadora que mereceu a pena.
Temos o chan de corcho pendente de poñer, a crise de Grecia fixo que a cola de contacto non estea dispoñible agora mesmo en Etiopía.
Aquí deixamos unhas fotos do día que o pasamos moi ben montando e decorando a gardería. As próximas serán cos cativos dentro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario