lunes, 30 de noviembre de 2009

Sobre os apadriñamentos



Ata agora non fixeramos apadriñamentos individuais, pero a moi precaria situación de moitas das familias das nosas escolas e a axuda inestimable de Ana, unha das nosas socias, abocounos a elo (lembremos que somos todos voluntarios/as). En Mediterránea loitamos fortemente para que a pobreza non sexa un motivo de abandono dun fillo/a, dun neto/a, dun sobriño/a. Queremos que os nenos sigan vivindo coas suas familias, biolóxicas ou adoptivas. Ou con familias de acollida se tódolos seus familiares están mortos, pero na sua rúa, acudindo a sua escola, cos seus amigos, coa sua xente do dia a dia. Non queremos que acaben nun orfanato ou na rua (só en Addis hai 90000 nenos mendigos), destiños ambo-los dous dos nenos que quedan sós, sendo a rúa o senlleiro destiño dos nenos maiores de 5 anos.

Por iso iniciamos estos apadriñamentos, e estamos moi ledos porn decirvos que xa temos 8 formularios de nenos apadriñados. Dende aquí dar as gracias aos pioneros/as. Necesitamos 13 máis para Abugida, e estánm saindo casos desesperados na Birhan School que temos que atender. Tódolos casos foron seleccionados polo Edir e pola propria escola. Nas duas escolas é o Edir (a comunidade de asociacións de veciños que rexentan as escolas coas que temos acordos asinados tanto en Akaki coma en Yeka) e as escolas as que seleccionan os nenos, por tanto coñecen moi ben a situación desdes nenos e das suas familias.

Tódolos nenos seleccionados en Abugida están ou estiveron na escola ata o derradeiro ano. Os que xa non están porque van á escola pública siguen indo a almorzar e a comer a Abugida, igual que outros que non entraron no programa de apadriñamentos, xa que por agora só foron seleccionados os casos mais desesperados. Tódolos casos que se van seleccionar na Birhan están na escola actualmente. Tódolos nenos son orfos ou semiorfos, a cargo de nais solteriras, avós biolóxicos ou adoptivos, nais adoptivas, irmáns, tias ou familias de acollida como nun dos casos de Abugida no que non hai parentes vivos. As familias non teñen ingresos ou estos son moi baixos. Parte dos nenos son seropositivos. Casi todos veñen de historias terribles, de situacións moi difíciles, pero tamén de grande soliedariedade: e ahí están, indon á escola e vivindo unha vida normalizada que agardamos continue por moitísimo tempo.

Nesta viaxe coñecimos ás familias seleccionadas en Abugida pola escola e polo Edir e poidemos comprobar a sua situación en vivo e "in situ". Unha das características de Mediterránea é que nós non seleccionamos directamente aos nenos a axudar- para que non haxa malas interpretacións tanto por parte das familias das escolas como por parte dos nosos donantes- agás en casos de problemas graves de saúde, nos que hai que pagar un tratamento en Etiopía ou traelos a España a operarse. De todas maneiras tódolos nenos das nosas escolas teñen acceso á sanidade, xa que Mediterránea faise cargo de tódolos seus gastos médicos. Os pilares básicos da nosa actuación son: alimentación, saude e educación. Nas nosas duas escolas hai case 400 nenos e temos a 46 persoas empregadas actualmente a cargo de Mediterránea.

Os padriños poderán ter contacto cos seus apadriñados, e poderán visitalos se así o desexan. Recibirán fotos e debuxos dos nenos. Os padriños/madriñas coñecerán a historia e datos dos nenos, as suas familias deron o consentimento para elo.

Correo apadriñamentos: apadrinamediterranea@gmail.com

sábado, 28 de noviembre de 2009

O espírito de Abugida chegou á Birhan School





































Con moita ledicia podemos dicir que o espírito de Abugida chegou á Birhan School.
Co inicio do curso escolar os mestres retirados cederon os seus postos ás mestras xoves, marchosas e motivadas, que cantan, bailan e xogan cos alumnos. Os mestres retirados eran partidarios de "a letra con sangue entra", ou sexa, que andaban sempre ca vara na man, reprimindo non só aos nenos senón ás mestras. Chamounos a atención dende o principio que os nenos da Birhan tiveran un ar triste en comparanza cos de Abugida e sospeitando que a causa eran os mestres retirados, pasámolos a da-la clase de alfabetización de adultas polo serán.
Gañaron os nenos e gañaron eles, recoñecendo que cos adultos lles vai millor.
O recebemento foi espectacular: bailes, cancións, non só os nenos senón tamén asa mestras, ataviadas co traxe tradicional e belísimas todas elas. Os nenos deste ano levan o mesmo uniforme que os de Abugida.
Unha vez pasou a cerimonia de benvida reunímonos coa directora. Esta sustiruira á anterior, non sabiamos entó o porqué.
Entrevistamos ao resto das mestras, unha por unha. Dixéronos que a puxeran por seren filla dun membro do Edir, e todas dixeron que era boa muller pero que non estaba capacitada para teren un posto de responsabilidade. Por iso reunímolas a todas e pedímoslles que votaran á que elas crian mais capacitada. Naturalmente o voto sería segredo. Moi animadas puxéronse a votar pero cando saiu o resultado comezaron a ter medo ao Edir, xa que ninguén votou á directora e saiu Genet, unha das mestras, como a mais votada. Tranquilizámolas dicíndolles que xa nos enfrentariamos nós ao Edir.
E a continuación veu a reunión co Edir. Ao primeiro estaban un pouco tensos mais limamos asperezas e chegamos a un entendemento, xa que as duas partes desexamo-lo ben da Birhan School e de tódolos nenos e nenas que alí acoden. O Edir está loitando por telo papel que fai oficial á Birhan. Andan en trámites mais a burocracia é lenta e complicada.
A escola, dentro da sua precariedade, está mais bonita, nótase a man das mestras. Os nenos, como xa dixen, están felices.
Estannos facendon unha fichas con información individual de cada alumno. Esta información inclue os seus datos persoais e familiares, incluindo os de saúde. Gracias ás fichas descubrimos varios posibles problemas importantes de saúde que están en estudio.
As mestras da Birhan recibirán clases de informática durante tres meses, ao igual que as mestras de Abugida. As clases de alfabetización de adultos son un éxito. Nós financiamos un grupo e o kebele usa as clases da escola para dous grupos mais de alfabetización.
Barry fixo un proxecto de construcción para cando a escola sexa oficial, e calculando o prezo por metro cuadrado a construcción sairanos por 30000 euros.
Desgraciadamente a reunión cos pais non tivo lugar ao frustrala coa sua denuncia os mafiosillos. A investigación dese asunto está seguindo o seu curso e esperamos que a Xusticia actue contra deles con contundencia.
Fotos: os Romeo e Xulieta da escola, con parte don persoal, nenos da escola, Genet a nova directora, bailes e benvida.

axuda ás nosas escolas comendo ben




Os 28 dos 28: unha acción solidaria - e gastronómica - para Mediterránea. Sair a cenar a un bó sitio, tomar un menú de alta cociña, nun restaurante patrimonio históricode Madrid, a un bó precio e encima axudando ás nosas escolas en Etiopía!
Verdade que soa ben? Agora o restaurante Pedro Larumbe de Madrid iniciou unha mais que suculenta acción ao ofertar cada dia, nos servicios de xantar e cea, 28 menús a un precio de 28 € +IVE, practicamente a metade do prezo habitual deste restaurante guiado polo famoso cociñeiro navarro, que ademais será responsable do pabellón de España na Expo de Shangai 2010. ¿En qué nos afecta isto a Mediterránea? En que o restaurante doará un euro de cada uns deses menús.
A campaña xa comezou e seguirá ata o próximo 7 de Decembro. Pedímoslles aos rapaces de Pedro Larumbe se nos poden seguer facendo un oco pasada-las festas, que cada euro de aquí se convirta alí en moitos mais! E cada vez con mais nenos toda axuda é pouca.
O menú está composto por:
- Aperitivo de chips de yuca e batata.
- Salada de cecina de león con mango e vinagreta de granadas.
- Merluza rebozada con puré de pochas e cruxinte de bacon.
- Estofado de fresas con escuma de iogurte.
O restaurante Pedro Larumbe atópase na cuarta planta do Centro Comercial ABC Serrano, con entrada tanto pola rúa Serrano 61 como polo Paseo da Castellana 34, con aparcamento no mesmo edificio. As reservas pódense facer chamando ao 91 575 11 12.
Mediterráneos/as...correde a voz!

jueves, 26 de noviembre de 2009

presuposto ampliación escola de Abugida


COMEDOR EXTERNO E DÚAS NOVAS AULAS:
birrs: 410.000.
euros: 21.936
LAVANDERIA , BAÑOS NOVOS E GUARDERIA:
Birrs: 226.000
Euros: 12.092
TORRE DA AUGA E PILAS PARA LAVAR AS MANS DO COMEDOR EXTERNO
Birrs: 17.000euros: 909
Reduccion dun metro cadrado da guarderia por existencia de gran roca
birrs: 16.000
euros: 856
TOTAL: birrs . 563.000. euros: 30.123
IMAXE: PLANO XERAL DE ABUGIDA UNHA VEZ REMATADA A OBRA. OS LUGARES COS NUMEROS MARCADOS SON AS NOVAS CONSTRUCCIÓNS.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

o paraíso de Abugida



Abugida medra e mellora. Tras unha reunión co xefe de tódolos kebeles de Akaki, déusenos permiso para continua-la construcción pendente e construi-lo noso derradeiro sono: a guardería de nenos de 1 a dous anos onde terán preferencia os nenos VIH, os fillos de nais soas, os nenos a cargo dos avós, etc. Isto é algo novedoso, non existe nada semellante, polo menos que nós saibamos.

A axuda de Barry foi inestimable, discutiu e discutiu co constructor, rebaixou o presuposto unha cantidade considerable, mirouno e remirouno todo e finalmente a construcción consistirá en:
- Comedor externo con pilas para lava-las mans.
- Dúas aulas novas:
A estas aulas pasarán parte dos nenos de 4 a 5 anos que son moitísimos, así os de 3 poderán pasar á clase de 4 e os de 4 á clase de 5. Hai tamén outra aula de cinco a seis.
Os pequen os de dous anos disporán da aula de tres anos para eles sós.
- Torre de auga nova.
- Baños entre as dúas aulas novas e a gardería.
- Lavandería exterior para a gardería.
- Gardería con patio exterior.
O prazo de remate das obras será de catro meses.
Nesta viaxe visitamo-las casas e coñecemo-los familiares tanto biolóxicos coma adoptivos dos 20 nenos que van a entrar no principio no programa de apadriñamentos. Algunhas delas xa as coñecíamos. Na escola fixeron moi bó traballo, non é doado seleccionar entre tantas vidas difíciles aos mais necesitados, mais fixérono con moi bó criterio.
Buscamos padriños para estes nenos, así non teremos que sacar dos fondos da escola, que medra e medra. Se alguén está interesado en máis información por favor contactade con apadrinamediterranea@gmail.com.
A cada familia entregánmselles 400 birrs mensuais (22 euros ao cambio actual) para axudar na alimentación, vestido e calzado do neno. O sistema de control é doble: a escola controla o que merca a familia e o noso representante controla tamén. Tódolos nenos son de Abugida ou estiveron nela e sairon este ano para a escola estatal, así que a escola coñece perfectamente aos nenos e as suas boa alimentación élles ainda máis importante.
Se acadamos cubrir esos 20 nenos poderemos ampliar a lista de nenos para apadriñar. Tamén lles pagamos os uniformes e o material escolar da escola pública. Estamos estudando construir uns baños novos nesa escola, sita na zona.
Asímesmo é moi posible que ampliemo-la cosiña actual da escola que está a quedar pequena. Isto está en fase de estudo actualmente.
As clases de alfabetización funcionan moi ben. Este ano non hai abuelitas empollonas, pero todas teñen moitas gañas de aprender.
Para rematar, estamos moi ledos de que nas nosas escolas:
- Haxa nenos de tódalas relixións.
- Haxa nenos de tódalas etnias.
- Haxa nenos seropositivos con¡vivindo con toda normalidade con nenos non seropositivos. Isto que semella obvio non o é tanto alá, xa que en Etiopía o SIDA presenta un grande estigma social.
- Aínda máis: acadamos que acepten ter na plantilla de traballadores e sen nengún problema a unha persoa seropositiva.
Pequenos avances que son grandes avances.
Fotos: nenos da clase de dous anos.