domingo, 21 de febrero de 2010

Reunión cuarto mundo

Hoxe tivemos unha reunión de traballo para reparar e planificar os próximos pasos que imos tomar cos nosos programas de 4º Mundo. Tocáronse moitos temas e grazas á presencia dos colaboradores malienses poidemos entender un pouco mais do tema visto dende o seu prisma.

Resumindo:

1) Comida por educación: só daremos alimentos a personas que acudan a clase e amosen un interés en estudar.
2) Excluiránse as persoas que non atendan polo menos ao 80% das suas clases ou que amosen unha falla de interés (non escoitando, non facendo os seus deberes etc)
3) Excluiránse as persdoas que clarament non estesn en situación crítica (os que reciban axuda doutros servizos ao mesmo tempo, os que detectamos indirectamente que non están entre os mais necesitados,etc).
4) Acordouse estandarizar o sistema de educación, con tódolos mestres/as usando o mesmo libro e guión.
5) Comentouse que os usuarios pediran clases de alemán e catalán. Cousa que teríamos que evaluar de cara ao futuro, necesitamos xente que poida impartir clases en ambos idiomas.
6) Comentáronse os posibles problemas aos que nos enfrentaríamos ao instaura-lo sistema de clases por comida. E chegouse á conclusión de que, coma sempre, aprenderíamos sobre a marcha.
7) Acorsouse que só daríamo-lo nivel básico.

Foi un pracer ver este equipo que sigue medrando, tan entregado á sua labor que vai ser tremendamente importante para tantas persoas para o resto das sus vidas.
Gracias.
Michael

No hay comentarios:

Publicar un comentario