sábado, 27 de febrero de 2010

A educación, a alimentación, Abugida e a Fitauri

Educación e alimentación, dous dos pilares básicos de toda sociedade xunto co acceso á saúde. Pilares os tres que deberían ser dereitos universais, mais que na práctica só desfruta unha minoría da poboación do planeta. Para os que nacen na cara mala do mundo os dereitos universais non existen. 77 países -aa maioría de eles africanos- retrocederon nos derradeiros anos no acceso a istos bens esenciais. E en 34 deles a situación é crítica. A este ritmo considérase que a África subsahariana non terá as súas capacidades básicas en niveis aceptables ata o ano 2353.

Se nos centramos na relación educación/alimentación, chama a atención-tomando como exemplo Etiopía- as poucas escolas creadas ou mantidas por ONGs. E escolas onde os nenos reciban alimentación son xa escasísimas. Os comedores escolares na práctica non existen.
Educación sen alimentación é coma regar unha plantiña xove cunha regadeira baleira. O cerebro non funciona sen enerxía, e a malnutrición da como resultado xeneracións de persoas con limitación intelectual.
Alimentarse de forma adecuada é un dereito independente da situación social ou económica.Estar ben alimentado é un requisito indispensable para garantizar un bó aprendizaxe.
A desnutrición está estreitamente ligada ao subdesenrrolo: social, físico e mental. O desutrido ten que adaptarse a sobrevivir na pobreza, por iso a súa personalidade sofre unha serie de procesos de adaptación que reducen a expresión humana ata o mínimo. Sobrevivir, sen pensar no día despois. Poderíamos decir que a desnutrición causa subdesenrrolo, e o subdesenrrolo, desnutrición.


En canto a educación atopámonos que con un presuposto educativo limitado consíguese que nenos en situacións moi difíciles saian adiante cando tiñan todon na contra.

Os nenos de Abugida proceden de hogares con hacinamento todos eles, con problemas de desemprego, pobreza, e nalgúns casos, problemas de alcohol, drogas e prostitución. Abugida é un oasis para estes nenos, onde se educan, alimentan, escoitan música, bailan, e fan pezas de teatro. As mestras están cheas de enerxía, e conseguen que os nenos estean motivados e felices. Tamén lles inculcan hábitos de orde, e poñenlles límites. Un ambente de orde que lles da seguridade e compensa a falla de organización e de hábitos que poden ter nos seus fogares.

Este é o primeiro curso dende que Mediterránea empezou en Abugida, que unha promoción de nenos- os que remataron o derradeiro curso- acudiu á escola pública. Ver o desenrrolo destes nenos e a sua aptitude e gañas de aprendizaxe fixeron que a escola pública Fitauri, onde acoden a maioría dos nenos de Abugida, está plantexándose engadir un preescolar á escola. En Etiopía as escolas publicas empezan a educación aos 6 años, en primaria, e case non existen preescolares, sendo privados os poucos que hai. Desde Mediterránea imos invertir neste preescolar, porque invertir en nenos é un valor seguro.

lunes, 22 de febrero de 2010

Lupas para Kenia

Aquí vos deixo unha selección de fotos feitas por Sigal, fotógrafa que viaxou a Kenia e aproveitou para levar lupas doadas por vós a Mediterranea.







Como lle dixemos que saírta da zona "dolar", acabou nun pobo aillado onde os seus habitantes -mais ledos ca unhas pascuas - adicáronse a proba-las lupasque lles ían mellor para o seu problema visual, atopando moitos deles unhas lupas que lles permitirán ver mellor.

domingo, 21 de febrero de 2010

Reunión cuarto mundo

Hoxe tivemos unha reunión de traballo para reparar e planificar os próximos pasos que imos tomar cos nosos programas de 4º Mundo. Tocáronse moitos temas e grazas á presencia dos colaboradores malienses poidemos entender un pouco mais do tema visto dende o seu prisma.

Resumindo:

1) Comida por educación: só daremos alimentos a personas que acudan a clase e amosen un interés en estudar.
2) Excluiránse as persoas que non atendan polo menos ao 80% das suas clases ou que amosen unha falla de interés (non escoitando, non facendo os seus deberes etc)
3) Excluiránse as persdoas que clarament non estesn en situación crítica (os que reciban axuda doutros servizos ao mesmo tempo, os que detectamos indirectamente que non están entre os mais necesitados,etc).
4) Acordouse estandarizar o sistema de educación, con tódolos mestres/as usando o mesmo libro e guión.
5) Comentouse que os usuarios pediran clases de alemán e catalán. Cousa que teríamos que evaluar de cara ao futuro, necesitamos xente que poida impartir clases en ambos idiomas.
6) Comentáronse os posibles problemas aos que nos enfrentaríamos ao instaura-lo sistema de clases por comida. E chegouse á conclusión de que, coma sempre, aprenderíamos sobre a marcha.
7) Acorsouse que só daríamo-lo nivel básico.

Foi un pracer ver este equipo que sigue medrando, tan entregado á sua labor que vai ser tremendamente importante para tantas persoas para o resto das sus vidas.
Gracias.
Michael