domingo, 13 de diciembre de 2009

Mata de Jonc, unha escola solidaria




Esta semana a escola Mata de Jonc de Palma colaborou con Mediterránea ONG acumulando algo máis de 200 kg de alimentos para os máis necesitados da nosa comunidade.
Neste último mes entregamos máis de catro toneladas de alimentos.
Se poideramos acadar que outras catro escolas tiveran o mesmo xesto unha vez ao mes poderíamos axudar a moita máis xente durante este período de recesión.

viernes, 11 de diciembre de 2009

Os nosos nenos de dous anos

























Os nosos nenos de dous anos son 20. É a primeiro ano que hai nenos de dous anos en Abugida. Por edad a sua psicomotricidade está por debaixo da sua idade, así coma o seu desenrolo físico.
Lembremos que tódolos nenos que entran en Abugida fano cun certificado de pobreza do kebele. Están en Abugida dende septembro, cando comezou o curso escolar. Por iso é cedo para evalua-la sua evolución.
En Etiopía non hai practicamente preescolares, agás algúns que hai en Addis e son de pago. Esto fai que non haxa case persoal formado para esta idade, os dous anos. Por iso intentamos que , ademáis de darlles de comer, os estimulen.
Hai mestras a partir de 3 anos, as mesmas que dan clase de primaria.
Con respecto aos nosos nenos de dous anos, as nosas prioridades son :
-Alimentación: os nenos de dous anos receben un aporte extra de leite e doutras proteínas.
- Saúde: é o noso obxectivo que tódolos nenos estean vacinados, e nelo andamos. Tamén nos preocupamos de que teñan acceso aos servizos médicos.
- Socialización: no noso primeiro mundo, como os obxectivos anteriores están cumpridos, é o mais importante. Alí tamén o é, despois da alimentación e da saúde.
Como sabedes estamos en obras en Abugida, e por iso os nenos de dous anos comparten espazo (separados por un tabique), cos de 3. Cando as duas novas aulas finalicen os nenos de dous anos ficarán na clase de 3 anos, xa que estes nenos pasarán á de catro anos e así sucesivamente.
A aula de 3 anos e futura aula dos de 2 anos éspaciosa e ben iluminada. Ten o seu proprio baño.
Fotos: Ato Tamirat, presidente do Edir e administrador da escola Abugida. Nenos da clase de dous anos.

martes, 8 de diciembre de 2009

solidariedade cos cooperantes secuestrados

Dende Mediterránea queremos facer chegar a nosa mais absoluta repulsa polo secuestro dos tres cooperantes de Acció Solidaria e a nosa mais absoluta soliedariedade cos compañeiros secuestrados, coas suas familias e os seus amigos.

Confírmase que están secuestrados pola facción mais dura de Al Qaeda no Magreb, o que é moi preocupante.

Só estaban ahí porque querían axudar aos que teñen menos.

sábado, 5 de diciembre de 2009

As miñas razóns para apadriñar








Apadriñamentos, ¿por qué agora, cales son os nosos motivos?

Fai moito tempo alguén preguntoume porqué non se facían apadriñamentos en Mediterránea, algo moi habitual noutras ONGs. As razóns eran moitas. Por unha parte, como organización de voluntarios que é, Mediterránea non ten o personal para ocuparse de facer fotos, xestionar cartas ou similar que require o seguimento individual de tantos nenos. Por outra, pensamos, non era factible "discriminar" a uns nenos doutros.
¿Cómo podían seleccionarse a uns si e a outros non?
Pero agora estamos propoñendo apadriñar a uns nenos: 22 en Abugida e 10 na escola Birhan, ainda que pronto se sumarán mais. ¿A razón? Foi a vida quen os seleccionou a eles. Porque son os nenos mais desprotexidos das nosas escolas.

Nenos con pais enfermos, ou que están ao coidado dunha avóa, ainda que esa avóa só teña unha pensión de menos de 5 euros ao mes. Nenos dos que se fan cargo os seus irmáns maiores, ainda con só 17 anos, convertidos en involuntarios cabezas de familia cando seus pais morren ou déixanos sós.

Nenos que están acollidos por unha muller que os quere con toda a alma, pero que ten outros catro fillos mais, e o seu home non entende por qué ten que dar de comer a outra boca cando apenas lles chega a eles. Nenos a cargo dun pai enfermo de SIDA que non deixou de acoder ao traballo nin un só dia, que os saca adiante de forma exemplar, pero que sabe que pode ter os dias contados.

Nenos que son criados por nais enfermas de VIH, contaxiadas polo seu home que llo transmitiu e que xa morreu.

Son nenos con circunstancias especialmente difíciles nunha situación xa difícil de por si, pois non esquezamos que os alumnos das nosas escolas están escollidos entre os mais humildes, os mais desfavorecidos.
Son nenos que necesitan algo mais, e que si son diferentes para o malo tamén han de selo para recebern unha axuda extra. Porque o merecen, porque merecen esa oportunidade.

Porque nen eles nin ninguén merece vivir na pobreza extrema, nin ser un neno mendigo na rua.

Porque seus pais merecen saber que, ainda que lles acaeza algo, ainda que estean enfermos, seus fillos van estar coidados.

Eu non son imparcial. Para nada. Coñezo a moitos deses nenos. Coñezo a moitos deses pais. E teño grabada a lume á nai dunha delas. Xureille que a axudaríamos cando soubemos que ela estaba enferma, moi enferma. E síntome orgullosa de Mediterránea, e de que realmente vaiamos a axudala. Porque por desgracia non teño, nin Mediterránea ten, esa variña máxica que poidera sanala ( ogallá!), pero si lle podemos asegurar que os seus fillos van estar ben. Por iso apadriñei, por iso agardo que haxa mais padriños.

Eu teño a sorte de que, se algo me acaecera, non deixaría á miña filla indefensa. E só quero que eses pais saiban que no seu caso será igual.


Stefanie Milla.

jueves, 3 de diciembre de 2009

Martha



Cumpríndose a Lei de Murphy, Martha, a nena do eterno sorriso, vai voltar a Mallorca para ser reintervida da sua escoliose.
Ela está desexando volver, ainda que sexa para operarse...

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Aquí en Mallorca



Mediterránea é unha ONG de acción directa. Iso quere dicir que, ademais de que o 100% dos cartos invírtense directamente nos proxectos, cando detectamos un problema actuamos sobre él sen agardar por subvención algunha. Mediterránea non recebe ningunha axuda estatal, nen autonómica, nen municipal.
Somos unha organización non gubernamental en estado puro.
Todo o noso apoio económico e loxístico provén de particulares, o que nos da plena liberdade para actuar. E somos apolíticos e aconfesionais.
En Mallorca temos os seguintes programas:
Colectivo Zaqueo:
O Colectivo Zaqueo da de comer cada dia a centos de persoas sen recursos nun local de Palma. Dende Mediterránea colaboramos con alimentos, roupa e persoal voluntario.
Can Gaza e Casa Llarga:
Residencias para persoas marxinadas, cunha alma incomparable e única: Jaume Santandreu.
Axudamos a mellora-la infraestructura das duas casas (incluindo calefacción, auga quente, electricidade, pintura, etc), gracias aos voluntarios que se prestaron a elo.
Mellorouse tamén o interior aportando distintos materiais: televisores, equipos musicais, nevera, menaxe de cociña, roupa de cama, etc. A Mediterránea non lle costou un duro todo isto: todo foi doado e feito por socios e amigos da nosa ONG.
Programas da Olla solidaria:
Población maliense:
Os malienses atendidos ascenden a preto de 150. Provéeselles semanalmente de arroz, pasta, aceite, leite, sucre, cacao, pementa, cebolas, allo, fariña, sal e roupa. Son persoas todas elas sen recursos nin axudas por parte das institucións.
A Asociación de veciños de Son Dameto, onde repartimos as duas primeriras semanas, negounos a continuidade do proxecto no seu local, asi que buscamos outro lugar e neste o reparto prodúcese sen nengún problema.
Xa superamos as duas toneladas e media de alimentos.
Este proxecto cústanos entre 380 3 440 euros semanales. O resto dos gastos está cuberto polas donacións da xente. Agardamos a colaboración de colexios na illa para acumular alimentos e así non ter que gastar dos nosos fondos tan necesarios para a continuidade dos nosos proxectos en Etiopía.
Población senegalesa:
En colaboración co pai Euxenio da igrexa de Palma Nova, un cura incrible onde os haxa, comezamos a repartir á poboación senegalesa da zona de Calviá. Estas son tamén persoas sen recursos. Na igrexa aténdese a todo tipo de colectivos, nós centrámonos nese por seren os subsaharianos o eslabón mais débil na cadea da inmigración, e tamén por casualidade, contactamos con eles ao ver como buscaban comida nos contenedores de basura dun supermercado de Calviá.
O feito de traballar con colectivos homoxéneos é para nós mais doado, coñécense entre eles e a loxística do asunto simplifícase. Recordemos que en Mediterránea todos somos voluntarios. Son 100 senegaleses, 2100 comidas semanais.
No centro parroquial van comezar, a petición deste colectivo, as clases de castelán e inglés a cargo de voluntarios de Mediterránea. Fannos falla monitores, ordenadores, ratóns e teclados para poder comeza-las clases de informática.
Mantendremo-lo programa de axuda aos senegaleses e malienses durante todo o inverno.
Dende aquí moitísimas gracias a todos e todas os que facedes que Mediterránea exista.