Chegou a hora de irse. Esta vez iremos dous e voltaremos seis. Con respecto a Abugida e á escola de Akaki, a construcción do comedor exterior e da nova aula para os alumnos de segundo de primaria iniciaráse en breve. Esperemos que a choiva non entorpeza demasiado as obras. O presuposto total das suas construccións é duns 18000 euros. Construir en Etiopia é moi caro. Os materiais son de importación, eso encarece moito os custos, o cemento anda polas nubes. Ao mesmo tempo hai construccións cunha calidade moi mala que supoñen un perigo, con derrumbamentos frecuentes, e non queremos caer niso. Queremos que as construccións que nós pagamos sexan seguras para os nenos, ainda que supoñan un desembolso máis elevado.O curso que ven Abugida contará con 50 nenos mais, así que xa serán 215 nenos de idades comprendidas entre dous e oito anos. Este curso comezaremos coa nursery , o aula dos nenos de dous anos. En Etiopia a lei dí que ao haber escola para nenos de dous anos ten que haber unha enfermeira no centro, asi que contrataremos unha. Tamén contratamos outra axudante de cociñeira.
O primeiro curso de alfabetización de adultas foi un éxito. Sesenta mulleres -e algúns homes-seguiron as clases durante todo o curso escolar, agora tócalle-lo turno a outros.
Dámonos de conta que queda un sector da poboación, aquel de nenos e nenas de 10 a 13 anos, nunha grande proporción tamén analfabetos, asi que imos tratar o tema co Edir a ver se se poden extende-las clases a un grupo dista idade. Ao ser polo serán, isto permítelles traballar pola mañá.
Na escola Birhan de Yeka, como xa contamos no seu intre, cambiou o comité do Edir para ben. O Edir é o organismo veciñal dono do terreo da escola, que colabora connosco no dia a dia o mesmo que en Abugida.
Nesta escola construimos hai un ano un comedor e unha cociña, ámbolos dous de baixo custo. Tamén construimos uns baños con letrinas secas e duchas.
O motivo de decidirmos por unha construcción de baixo custo, (de estrutura de chapa), foi porque o Edir aínda non tiña o papel do kebele que certificara que eran donos do terreo. Xa nos dixeron que agardan telo en breve, asi que en canto o teñan, a nosa intención é derruba-la estrutura de baixo custo e facer unha construcción de bloques o mesmo que en Abugida.
Nesta escola o curso que ven haberá tres clases de preescolar, e unha clase para nenos de entre 8 e 14 anos que nunca antes poideran ir á escola. En total serán uns 200 nenos.
Na Birhan School tamén temos pensado facer clases de alfabetización para mulleres (e homes que queiran apuntarse). Unha idea común para ambas escolas é que os nosos nenos das duas escolas poidan te-lo seu certificado de nacemento biolóxico, que lles permite acceder ao carné de identidade. Queremos que os nosos nenos estén rexistrados na súa sociedade. Un neno rexistrado é un neno máis seguro, un neno con máis dereitos. Por isto subvencionaremo-los custos do papeleo ás familias que non podan pagalo. Ainda que o custo non sexa moi elevado, hai familias que non poden pagar nen sequera iso. Nas nosas escolas son a inmensa maioría.
A Casa da Muller segue en marcha, preto de sair a primeira promoción de neneiras . É tamén a nosa intención facer máis clases para aproveitar aínda máis a casa.
E así son as cousas e así volas contamos...ata a volta e feliz comezo de verán para todos/as.

No hay comentarios:
Publicar un comentario